Inocencio III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
'''Inocencio III''' (nado en [[Anagni]], cara o ano [[1161]] e falecido en [[Perugia]] o 16 de xullo de [[1216]]) foi o [[papa]] nº 176 da [[Igrexa católica]].
 
== Traxectoria ==
Nobre de familia italiana, estudou [[Teoloxía]] na [[Universidade de París]] e despois [[Dereito canónico|Dereito Canónico]] en [[Bolonia]]. Incluso antes de ser elixido Papa xa era unha personalidade respectable e connotada. Por isto [[Celestino III]] nomeouno cardeal e, tralo seu falecemento en [[1198]], nunha votación unánime foi elixido como sumo pontífice o 8 de xaneiro dese ano. O [[colexio Cardenalicio]] viu máis tarde satisfeitas as súas perspectivas. Parte da grande enerxía que despregou como Pontífice débese a que foi un Papa inusualmente novo, pois foi elixido con 35 anos.
 
Liña 11 ⟶ 12:
Convocou o [[IV concilio de Letrán]] de [[1215]], por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á [[Inquisición|Inquisición pontificia]].
 
=== Estado da cristiandade á chegada de Inocencio ===
O Papado de Inocencio III iniciouse en medio de varias convulsións sociais. En varias rexións de Europa o [[feudalismo]] estaba cedendo terreo a unha nova sociedade [[burguesía|burguesa]], en medio da [[revolución do século XII]]. Á vez, os estados nacionais estábanse fortificando, e os reis, particularmente os de [[Francia]] e [[Inglaterra]], perfilábanse como novos actores de importancia no mapa político. En [[oriente]], a cristiandade debía lidar coa ameaza dun poder musulmán fortalecido por [[Saladino]], que conseguira desbancar á [[terceira Cruzada]]. Sendo a igrexa católica unha das entidades máis poderosas de Europa, non podía facerse oídos xordos a todos estes sucesos.
 
A propia igrexa atravesaba por un período complexo. Decrecera o pulo da [[orde cisterciense]], sustento da igrexa durante o século XII, e novas doutrinas como a dos [[catarismo|cátaros]], [[valdense]]s e [[patarino]]s estábanse propagando. Era evidente que o novo Papa debería actuar con resolución para manter o rol da igrexa.
 
=== Mentalidade ===
Xogaron un papel na mentalidade de Inocencio a súa orixe nobre e aristocrática e a súa formación como teólogo e xurista especializado en dereito canónico. Deste modo, a Inocencio pareceulle natural aseverar que a igrexa Católica tiña a plena potestade (''plenitudo potestatis'') sobre toda a Cristiandade. Baseándose no texto de [[Evanxeo de Mateu|Mateu XVI]], no que Cristo confire as chaves do Reino dos Ceos a [[Pedro, papa|Pedro]], afirmou a plena soberanía da igrexa incluso sobre o [[Emperador]]. Reservábase Inocencio III o dereito a intervir en política cando, ó seu xuízo exclusivo, houbese razón de pecado (''ratione peccati'') no actuar dos príncipes, xa que estes estaban para velar só polo benestar físico dos seus súbditos, mentres que o Papa estaba para velar pola salvación das almas, empresa esta máis valiosa que a primeira en termos morais.
 
Para demostrar este ideario en signos prácticos, Inocencio III sempre prefería ser chamado co título de ''Vigairo de Cristo'', porque á súa persoa lle incumbía o trato dos asuntos do ceo e da terra. Parece ser que foi o primeiro dos Papas que se proclamou con este título.
 
=== Política internacional ===
==== Relacións co Imperio ====
As ideas políticas de Inocencio víronse reflectidas á morte do Emperador [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], onde impuxo a súa autoridade pontificia para autonomearse como árbitro e cualificador dos pretendentes ó trono, aínda que este anhelo fora estampado anteriormente na súa encíclica ''De contemptu mundi''. Sostiña que o Imperio procedía da Igrexa non só ''principaliter'' (na súa orixe), senón tamén nas súas fins (''finaliter''), polo que a pesar de que os príncipes electores alemáns tiñan o dereito xurídico de nomear un novo Emperador, esta elección debía ser ratificada polo Pontífice.
 
Porén, a súa política respecto a Alemaña sempre foi problemática. Promoveu a [[Otón de Brunswick]] como "antiemperador" da [[casa Welf]] contra [[Filipe de Suabia]], da [[casa Hohenstaufen]], pero cando este último foi asasinado en [[1206]] e Otón foi coroado en Roma como [[Otón IV]], ámbolos dous pelexaron. Recorreu entón Inocencio III ó seu pupilo, [[Federico II de Alemaña]], que naquel momento gobernaba [[Sicilia]]. Otón invadiu Italia militarmente, pero debeu retirarse. Federico, á vez, invadiu Alemaña. O desastroso resultado da [[batalla de Bouvines]], que Otón librou contra [[Filipe Augusto de Francia]], en [[1214]], selou a súa sorte, e Federico alcanzou a coroa de Alemaña, sen desprenderse de Sicilia, o que puxo ó Papa nunha situación incómoda, que non logrou resolver debido ó seu falecemento.
 
==== Outras relacións europeas ====
Con respecto a Francia, Inocencio interveu nos problemas de [[Filipe II de Francia]] coa súa repudiada esposa. Neste terreo conseguiu converter a hostilidade inicial de Filipe nunha cooperación amigable, que lle valeu a súa alianza contra Otón IV de Alemaña. Tamén Inocencio favoreceu a Filipe invitándoo á [[cruzada albixense]].
 
Liña 36 ⟶ 37:
Estes e outros asuntos políticos demostraron que Inocencio se sentía realmente un Rei de Reis, con capacidade de arbitrio sobre a política europea.
 
==== Loita contra os herexes e os infieis ====
En pro de defender a [[cristiandade]] por riba de tódalas cousas, impulsou a cuarta [[cruzadas|cruzada]] a [[Terra Santa]] en [[1202]]. Porén, os enredos de [[Venecia]], un dos principais financeiros da expedición, levou ós cruzados a tomar primeiro a cidade de [[Zara]], enclave bizantino na costa de [[Dalmacia]], e despois saquear dúas veces a cidade de [[Constantinopla]] en [[1204]], poñéndolle fin ó [[Imperio Bizantino]]. Todo isto pese ás excomuñóns coas que Inocencio fulminou ós cruzados, por volver as armas que debían ser dirixidas contra os musulmáns cara os irmáns cristiáns.
 
Ante o problema dos [[cátaro]]s, Inocencio enviou a varios legados, e autorizou as prédicas de [[Domingo de Guzmán]], para tratar de reconvertelos. En xaneiro de [[1208]] o asasinato de [[Pierre de Castelnau]], legado pontificio no sur de Francia, precipitou os acontecementos. Inocencio chamou á Cruzada para extirpar a herexía, dando orixe así á [[cruzada albixense]]. Aínda que houbo núcleos de resistencia ata varias décadas despois, xa en [[1215]] Inocencio sentiuse seguro dos seus resultados, ata o punto de convocar un Concilio Ecuménico para resgardar a ortodoxia católica. Paralelamente, a cruzada albixense deulle un poderoso pulo a [[Francia]], ó permitírselle a anexión da rexión do [[Languedoc]].
 
=== O Concilio de Letrán ===
Pouco antes de morrer, en 1215, convocou o [[IV Concilio de Letrán]], un dos máis importantes da época, no que se trataron temas políticos e en especial se ditaron deberes e dereitos para a maioría das clases sociais. Destaca ''Omnis Utriusque Sexus'', no que se obriga a tódolos adultos cristiáns a recibir os [[Sacramento (relixión)|sacramentos]] da [[confesión]] e a [[eucaristía]] polo menos unha vez ó ano.
 
Liña 58 ⟶ 59:
* [[Fernando Vallejo]], ''La Puta de Babilonia''. [[Editorial Planeta]], 2007. Sobre as masacres cometidas por este e outros Papas e a relación da igrexa católica co poder.
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [https://web.archive.org/web/20070921132939/http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/contextos/972.htm Artehistoria: Triúnfo da ''plenitudo potestatis''] (en castelán)
{{Papas}}