Urbano V, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Outras obras: texto traducido desde a wiki .es:Urbano_V#Otras obras
→‎Beatificación: texto traducido desde a wiki .es:Urbano_V#Beatificación
Liña 64:
Urbano V é considerado polos contemporáneos como home de gran piedade, fervente reformador e que tiña gran aprecio polo estudo, de feito, é considerado como o primeiro Papa [[Humanismo (filosofía)|humanista]] da historia da Igrexa. Durante o seu pontificado fundáronse as universidades de [[Cracovia]], [[Orange, Vaucluse|Orange]] e [[Viena]] ás que non dubidou en acoller baixo a súa protección; fortificouse e embeleceu a cidade de Aviñón e durante a súa estancia en Roma, deu outra cara á cidade, restaurando todas as [[basílica]]s e algunhas edificacións importantes nela.<ref name="Llorca" />
 
== Beatificación ==
Foi declarado [[beato]] por [[Pío IX, papa|Pío IX]] en [[1870]]. Os seus restos descansan na abadía de San Víctor en [[Marsella]].
[[Gregorio XI, papa|Gregorio XI]] aproveitou a súa estancia na abadía de San Víctor para ordenar unha investigación sobre a "fama de santidade" do seu predecesor. Durante meses, os notarios papais redactaron miles de certificados que recollen as milagres atribuídas a Urbano V, traballo que se interrompe en [[1379]]. Curiosamente o proceso ábrese novamente en 1390 polo antipapa de Aviñón, [[Clemente VII, antipapa|Clemente VII]] durante o tempo do [[Cisma de Occidente|gran cisma]].<ref>Bienheureux Urbain V, en: http://diocese-avignon.fr/spip/Bienheureux-Urbain-V?lang=fr (Consultado el 7 de diciembre de 2014)</ref>
 
Logo da reunificación da Iglesia, o proceso de Urbano V, tivo que esperar case catro séculos para ser [[beato|beatificado]]. Foi o papa [[Pío IX, papa|Pío IX]] quen recoñeceu o seu culto o [[10 de marzo]] de [[1870]].
 
A tumba de Urbano V foi destruída na época da revolución, non se sabe se os seus restos foron esparexidos ou escondidos, hoxe só pódense apreciar na parede do coro os restos das columnas e un [[pináculo]] roto, cunha serie de arcos en pedra.<ref>{{Cita libro |autor=Bérenger, Joseph |título=Saint-Victor, secunda Roma |año=1927 |publicación= imprimerie marseillaise}}</ref>
 
As profecías de [[Malaquías O'Morgoir|San Malaquías]] refírense a el coma ''Gallus vicecomes'' (Vizconde galo), facendo referencia ao título nobiliario, vizconde, e á súa orixe francesa.