Urbano V, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Retorno a Roma: arranxiños
→‎Retorno a Roma: texto traducido desde a wiki .es:Urbano_V#Retorno_a_Roma
Liña 36:
=== Retorno a Roma ===
O obxectivo principal do seu pontificado foi fixar de novo a sé pontificia en [[Roma]], condición que a Cidade Eterna perdera desde que, en [[1309]], [[Clemente V, papa|Clemente V]] a fixara en Aviñón.<ref>{{Cita libro |apelido=Samson |nome=Maximilien |apelido2=Schoell |nome2=Frédéric |apelido3=Zach |nome3=Franz Xaver |título=Cours d'histoire des états européens |url=http://books.google.fr/books?id=uelGBpLLYowC&pg=PA120#v=onepage&q&f=false |dataacceso= 25 de novembro do 2019 |idioma=francés |outros=Tome septiéme |ano=1830 |editorial=A Pihan delaForest |lugar=París |páxina=120}}</ref>
 
Se a [[Santa Sé]] quería salvar a unidade da Igrexa contra as nacentes [[herexía]]s, e fronte ao puxante nacionalismo dos Estados europeos que estaban a xurdir, debía retornar ao seu centro natural e histórico: [[Roma]]. A empresa, en verdade, non era en maneira algunha fácil. Na Cidade Eterna uns partidarios políticos suplantaban aos seus rivais, sen outras miras que as de saciar o seu odio irreconciliable e os seus egoísmos familiares. As cidades dos Estados pontificios combatíanse sen descanso por idénticos ou parecidos motivos.
 
A situación de caos e desorde que provocara o abandono de Roma como sé papal comezara a cambiar co establecemento, en [[1360]], dunha nova constitución apoiada pola nobreza romana e por unha recentemente creada milicia popular, a ''[[Societas Balestriorum Félix y Pavesotarum]]''.