Taxiquistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 61:
O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da [[Disolución da Unión Soviética|disolución]] da [[Unión Soviética]]. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha [[Guerra civil taxica|guerra civil]], que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo [[Presidente de Taxiquistán|Presidente]] [[Emomali Rahmon]] dende 1994, foi criticado por numerosas [[Organización non gobernamental|organizacións non gobernamentais]] polo seu liderado autoritario, a falta de [[liberdade relixiosa]], a corrupción e as violacións dos [[dereitos humanos]].
 
Taxiquistán é unha [[Presidencialismo|república presidencialista]] dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico [[Pobo taxico|taxico]],<ref>{{Cita web|título=Tajikistan Ethnic groups|url= https://www.indexmundi.com/tajikistan/ethnic_groups.html|páxina-web=indexmundi.com|dataacceso=25 de novembro de 2019}}</ref> que fala o [[Lingua taxica|taxico]] (unha variedade do [[Lingua persa|persa]]). O [[Lingua rusa|ruso]] é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o [[islam]] é practicado polo 98% da poboación. No óblast de [[Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso|Badaghxán Montañoso]], de Taxiquistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o [[Lingua ruxaní|ruxaní]], o [[Lingua xugní|xugní]], o [[Lingua ixcaximí|ixcaximí]], o [[Lingua vakhí|vakhí]] e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha [[economía de transición]] que é altamente dependente da produción de [[aluminio]] e [[algodón]]. Taxiquistán é membro das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]], da [[Comunidade de Estados Independentes]], da [[Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa]], da [[Organización para a Cooperación Islámica]], da [[Organización de Cooperación Económica]], da [[Organización de Cooperación de Shanghai]] e da [[Organización do Tratado da Seguridade Colectiva]], asiasí como da [[Asociación para a Paz]] da [[OTAN]].
 
== Historia ==