Diferenzas entre revisións de «Taxiquistán»

sen resumo de edición
 
O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de [[Sarazm]]<ref>{{cita web|título=Proto-urban Site of Sarazm|url=http://whc.unesco.org/en/list/1141|páxina-web=UNESCO.org|editorial=UNESCO|dataacceso=9 de agosto de 2014|urlmorta=non|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140804122836/http://whc.unesco.org/en/list/1141/|dataarquivo=4 de agosto de 2014}}</ref> do [[Neolítico]] e da [[Idade de Bronce]], e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a [[Complexo arqueolóxico Bactria-Margiana|civilización de Oxus]], a [[cultura de Andrónovo]], o [[budismo]], o [[nestorianismo]], o [[zoroastrismo]], o [[maniqueísmo]] e o [[islam]]. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o [[Imperio aqueménida]], o [[Imperio Sasánida]], os [[Heftalita|Imperio Heftalita]], o [[Imperio Samánida]], o [[Imperio Mongol]], a [[Dinastía Timúrida]], o [[Khanato de Bukhara]], o [[Imperio Ruso]], e posteriormente a [[Unión Soviética]]. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da [[República Socialista Soviética de Uzbekistán]] como unha república autónoma antes de converterse nunha [[República Socialista Soviética de Taxiquistán|república soviética de pleno dereito]] en 1929.<ref>Bergne, Paul (2007) ''The Birth of Tajikistan: National Identity and the Origins of the Republic'', IB Taurus & Co Ltd, pg. 39-40</ref>
 
O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da [[Disolución da Unión Soviética|disolución]] da [[Unión Soviética]]. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha [[Guerra civil taxica|guerra civil]], que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo [[Presidente de Taxiquistán|Presidente]] [[Emomali Rahmon]] dende 1994, foi criticado por numerosas [[Organización non gobernamental|organizacións non gobernamentais]] polo seu liderado autoritario, a falta de [[liberdade relixiosa]], a corrupción e as violacións dos [[dereitos humanos]].
 
== Historia ==
238.831

edicións