Aeroporto de Billund: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
== Historia ==
O aeroporto de Billund tentivo os seus inicios no ano [[1961]] cando o fillo do fundador do [[Lego Group]], [[Godtfred Kirk Christiansen]], construíu unha pista privada de 800 metros e un hangar ao norte da súa fábrica en Billund. Con Christiansen como peza clave, incluíronse varios dos municipios veciños dentro do grupo de propietarios e planeouse expandir as súas instalacións para convertelo nun aeroporto público normal.
 
A construción do novo aeroporto levouse a cabo durante [[1964]] e foi inaugurado o día [[1 de novembro]] dese ano, cunha pista de 1 660 metros de longo e 45 de ancho, unha pequena plataforma, un pequeno hangar e unha torre de control.<ref name=":0">{{Cita web|título=History|url=https://www.bll.dk/en-en/om-lufthavnen/billund-airport-fakta-og-historie|páxina-web=https://www.bll.dk|data-acceso=2019-11-24|lingua=en|apelidos=BILLUND}}</ref> Hans Erik Christensen, o antigo piloto xefe de [[LEGO]] converteuse no seu director e os pasaxeiros utilizaron o hangar da compañía ata que se inaugurou o edificio da terminal en [[1966]]. Nos anos seguintes o aeroporto foi expandéndose continuamente con novas instalacións, terminais, salas de estar, zona libre de impostos e hangares onde o estudio LC Johansen adoitaba a participar como arquitecto, mentres que outros traballos eran feitos polo propio estudio do aeroporto.
 
En [[1997]] houbo un concurso de arquitectura para constrír unha nova terminal de 40 000 m², deseñada para servir a 3,5 millóns de pasaxeiros por ano,<ref name=":0" /> ao norte do aeroporto orixinal. KHR Architects gañou o concurso e completou a construción en cooperación con COWI. A finais de maio de [[2002]] comezou a usarse a nova terminal de pasaxeiros, como primeira fase da futura expansión, que se realizará ao norte da pista,mentres que os servizos de carga e a aviación privada continuarán operando nos edificios actuais no sur da pista. En conexión con esta expansión, a máis grande na historia do aeroporto, dende o [[1 de xaneiro]] de [[1997]] a empresa conxunta Billund Airport A/S tomou o control do aeroporto, sendo os seus accionistas o [[condado de Vejle]] e os municipios de [[Vejle]], [[Kolding]], [[Grindsted]], [[Billund]] e [[Give]].
 
En [[2008]] renovouse e pavimentouse toda a pista de aterraxe e construíuse unha nova pista de rodadura, alcumada "Mike". Todo o traballo levaríase a cabo en tan só 14 horas. A pista pechouse pola noite entre as 23:00 e as 06:00. As obras non evitaron que un [[Boeing 737-800]] de [[Ryanair]] aterrase nun extremo da pista mentres se traballaba no outro. Ese mesmo ano o aeroporto estableceu un récord de pasaxeiros con 2 546 856, un 12,7 máis en comparación con [[2007]].