Lusitanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ligazóns internas
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:MuseuNacArqu-GuerreirosLusitanos.jpg|miniatura|dereita|250px|Estatuas de guerreiros lusitanos no Museo[[Museu Nacional de ArqueoloxíaArqueologia]] de [[Lisboa]], [[Portugal]].]]
Os '''lusitanos''' eran un dos pobos [[celtiberos]] da [[península ibérica]]. Durante séculos o estado portugués utilizounos como os antergos máis antigos no novo estado.
 
Liña 7:
A estrutura social lusitana estaba baseada nas gentilitates<ref>Francisco Martins Sarmento"Lusitanos, lígures e celtas"</ref> e sobre elas existía unha elite gobernada por un ''princeps'' elixido de entre a aristocracia; semella que tiñan tanto propiedades privadas (casa, gando) como comunais (terras de pasto, murallas) e guiábanse polo espírito bélico que os levaba a organizar expedicións non de conquista pero si de botín como ritual de paso da xuventude. Podían usar da súa forza empregándose como [[Mercenario|mercenarios]] en exércitos estranxeiros.
 
O seu hábitat repartíase entre poboados fortificados (castros)<ref>Virgílio Correia"Conímbriga: noticia do «Oppidum» e das escavações nele realizadas. Coimbra, Tipografia da Gráfica de Coimbra, 1936</ref> e granxas; o comercio levábase a cabo mediante o pago en metálico (lingotes de [[prata]]) ou o intercambio de bens con agasallos, as rutas comerciais eran axilizadas usando ''curraghs'' (barcos de coiro e vime) ou troncos baleirados<ref>Joaquina Soares "Embarcacións tradicionais do Sado" 2008</ref>.
 
A explotación mineira levábase a cabo en escavacións superficiais de filóns mentres que os [[Ourivaría|ourives]] e ferreiros se movían por todo o territorio traballando segundo as demandas e conseguindo un alto nivel en trebellos de luxo, como son as famosas lúnulas (como a moi famosa lúnula lusitana de [[Chao de Lamas, Lamas, San Sadurniño|Chao de Lamas]]) con técnicas de repuxado; tamén se traballou o [[ferro]], sobre todo en armas (espadas de antenas, [[falcatas]], [[Lanza|lanzas]], puñais...) que formaban parte da panoplia do guerreiro lusitano (que durante anos se confundiu cos estatuas de guerreiros galaicos bracarenses a pesar de que estas estatuas só se dan no territorio galaico e non lusitano).
Liña 16:
A relixión dos lusitanos era [[Politeísmo|politeísta]] de carácter [[Panteísmo|panteísta]]<ref>Juan Carlos Olivares Pedreño "Los dioses de la hispania céltica" Real Academia de Historia</ref>; descoñécese moito sobre ela pero sábese que debía existir algo semellante aos [[Druída|druídas]]<ref>Estrabón "Xeografía"</ref> (que oficiaban sacrificios humanos para adiviñar o futuro) que se atopaban nos santuarios lusitanos de Panoias, Lamas de Moledo ou San Miguel da Mota.
 
Os seus deuses eran comúns a outros pobos veciños ([[Galaicos]], [[Vetóns]])<ref>[[Rosa Brañas]], "Galaicos e Romanos na Galicia céltica" ed Toxosoutos 2000</ref>:
*[[Caricocecus]]: Deus da guerra, un dos máis importantes debido a que recibe os mellores sacrificios (humanos e de cabalos e cabras)
*[[Ataecina]]: Deusa da vida e da morte, compartía o control da saúde con Bormánico.
Liña 27:
 
==Notas==
{{Listaref|30em}}
 
{{Control de autoridades}}