Isaac Peral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mejor
Liña 4:
'''Isaac Peral''' nado en [[Cartagena, Murcia|Cartagena]], [[Provincia de Murcia|Murcia]], o [[1 de xuño]] de [[1851]] e finado en [[Berlín]] o [[22 de maio]] do [[1895]], foi un científico e mariño, inventor do [[submarino]] Peral ([[1885]]), primeiro submarino da historia que contaba cun sistema de lanzamento de torpedos, o mesmo dos submarinos actuais. Tras unha pequena mais intensa carreira como mariño da [[Armada Española]], interviu na [[Guerra Hispano-Estadounidense|guerra de Cuba]] e na [[Terceira Guerra Carlista]], acreditando pericia e valor, polo que foi felicitado e condecorado. Tamén destacou en traballos e misións de carácter científico: escribiu un ''Tratado teórico práctico sobre huracanes'' e traballou no levantamento dos planos do [[canal de Simanalés]] ([[Filipinas]]).
 
<br />
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Isaac Peral buena.jpg|miniatura|Isaac Peral.]]
 
No [[1883]] fíxose cargo da cátedra de Física-Matemática da Escola de Ampliación de Estudos da armada española. No 1885, trala denominada crise das Carolinas, na que [[Alemaña]] intentou arrebatar este arquipélago a España, Isaac Peral considerouse na obriga de comunicar aos seus superiores que tiña resolto definitivamente o reto da navegación submarina. Tras un rigoroso análise do seu proxecto, por parte dos máis cualificados científicos da mencionada Escola de Ampliación, estes deron a súa aprobación para que fose trasladado ó ministro da Mariña, Almirante Pezuela, quen recibiu o proxecto con caloroso entusiasmo. Mais os sucesivos ministros que lle sucederon, amosaron indiferenza ou aberta hostilidade (Almirantes Ródriguez de Arias e Beránger).
 
Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], o submarino foi finalmente botado o [[8 de setembro]] do [[1888]]. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía subministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba ademais un tubo lanzatorpedos, tres [[Torpedo (arma)|torpedos]], [[periscopio]], un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.
[[Ficheiro:Peral1888.jpg|miniatura|Submarino de Peral no [[1888]].]]
As probas oficiais desenvolvéronse ao longo de [[1889]] e [[1890]]. Convén dicir que non se lle concedeu permiso para efectuar a proba clave, que solicitara o propio inventor: atravesar somerxido o estreito de [[Xibraltar]], dende [[Alxeciras]] até [[Ceuta]]. Malia o cal, amosou nas probas que se verificaron, que podía navegar en inmersión á vontade do seu comandante, co destino, rumbo e cota prefixados e en mar aberto. Ademais, amosou que podía atacar, sen ser visto, a calquera buque de superficie. A Comisión Técnica nomeada ó efecto, avalou o éxito das probas do primeiro submarino da historia. Porén, escuros intereses nunca aclarados, motivaron que as autoridades do momento desbotasen o invento e alentasen unha campaña de desprestixio contra a persoa do inventor, quen tivo que solicitar a baixa na Mariña e tentar aclarar á opinión pública a verdade de ocorrido.
 
O [[5 de novembro]] do [[1891]] licenciouse do servizo, e foi operado de [[cancro]] en [[Madrid]], mais impídeselle publicar o seu "Manifesto" en ningún medio de comunicación. Finalmente, conseguiu publicalo, costeándoo do seu peto, nun periódico satírico chamado ''El Matute''.
 
Adicado á vida civil, conseguiu fundar varias empresas con éxito, relacionadas coa súa especialidade, o aproveitamento da enerxía eléctrica.
 
O 4 de maio do 1895, Peral trasladouse a Berlín para ser operado de cancro, mais un descoido nas curas produciulle unha [[meninxite]] que rematou coa súa vida o 22 de maio. O 11 de novembro de 1911 trasladáronse os seus restos mortais a Cartagena.
 
== Véxase tamén ==