Grupo de teatro O Facho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 82:
O 12 de maio, O Grupo de Teatro participa, cun recital dramático, no centro penitenciario da cidade. 0 19 de maio seguinte o Grupo de Teatro estrea, en Nós, e chamado pola Asociación de Veciños Os Rueiros á Casa do Povo, ''Panchiño'', de Osvaldo Dragún, en versión de F. Pillado Mayor. Dirixida polo mesmo X. Fernando Martínez, coas luces a cargo de Miguel Anxo Castro, a representación correu a cargo de Ana Sánchez, Xoán Manuel Ríos, Beatriz G. del Río, Sara Quintenla e Xavier Gómez Pan.
 
No ano 1985, o actor do Grupo Xavier Gómez Pan representou en varias ocasións o monólogo de A. Chekhov, en versión de F. Pillado Mayor. O 17 de maio de 1986, X. Fernando Martínez dirixiu en Muros a estrea de ''Os cravos de prata'', de Nicolás Bela en versión de F. Pillado Mayor. No repartoelenco de actores figuraron: Sara Quintela, Carmen Vázquez, Santiago Prego, Ana Sánchez, Maite Vilar, Ánxeles Vidán, Olga Otero, Víctor Blanco, Beatriz del Río e Xavier Gómez Pan. O deseño, realización, escenografía e vestiario foron de Xavier Garaizábal e a montaxe, do Grupo, coa colaboración de Fanni Brañas e María de la Iglesia. A música pertenceu a Manuel Balboa. O 21 e 22 de xuño representouse na sala Luis Seoane, da Coruña. O 27 de setembro púxose no centro penitenciario. Os ensaios leváronse a cabo na Escola Dramática Galega.
 
'''5ª Época. Director – Antón de Santiago'''