Grupo de teatro O Facho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 64:
O 19 de maio de 1974, no marco dos actos programados polo Club Cultural Valle Inclán, estreouse a obra de Brecht. Os actores foron: Chelo Ares, Elisa Crespo, Xulia Mª Carballo, Remixio Iglesias, Antón de Santiago, Xaquín Villar, Xohán Guisán, Sabela V. Fandiño, Rosario Belda, Xosé Manuel Mahía e Dely Mouriz. Dos efectos especiais ocupouse Francisco Xavier Castro e a execución dos decorados foi de Xosé González Moro, seguindo fielmente os deseños de Seoane.
 
''O Cantar dos cantares'' ou ''Galicia 1948'', representouse en 1975, 1976 e 1977. No entanto, no ano do centenario de [[Ramón Cabanillas]], a quen se adicou o Día das Letras, o Grupo de Teatro deu varios recitais: na [[A Coruña|Coruña]] (o 14 de Maiomaio), na clausura do XII Curso de Idioma), o Burgo (Culleredo, o 22), Nós (Oleiros, 5 de xuño), Cambados, O Barqueiro (Mañón, 0 15) e Ferrol (o 29), baseados nunha escolma poética do autor cambadés, baixo a dirección de Xaquín Villar, moitos deles coincidentes con representación do Cantar.
 
Dito 14 de maio, ao recital de poemas seguiu outro de ''lieder'' galegos, por Antón de Santiago e Ramiro Cartelle, cos seguintes títulos: “Un adiós a Mariquiña”, de Chané e Curros, “Aureana do Sil”, de Mompou e Cabanillas, “A neniña”, de Lens e Martínez González, e “Un sospiro”, de Berea e Martínez González.
Liña 72:
1978-1979 son os últimos anos da que se pode considerar a idade de ouro do Grupo de Teatro. Pouco antes (verán de 1979) do proxecto Luís Seoane, os colectivos Grupo de Teatro O Facho, [[Escola Dramática Galega]] e Teatro Experimental Tespis propuñan ao concello o estabelecemento dun pequeno teatro municipal da Coruña, proposta que, segundo é sabido, non prosperou. Aínda máis, en decembro, o proxecto tiña evolucionado, con idéntico resultado, cara a unha aula municipal de cultura, a localizarse no Quiosco Alfonso.
 
Sucédense varias actuacións do Grupo de Teatro, representando ''O retábulo da peste'', de [[Ingmar Bergman]], peza dramática dun só acto, en versión de Ramiro Cartelle. A historia é moi simple; un cabaleiro volve co seu escudeiro tras dez anos de cruzadas ao seu país que está asediado pola peste. Aquí aparecen unha serie de personaxes: unha meiga, un ferreiro e a súa esposa, a virxe María e a muller do cabaleiro. Estes personaxes no final da obra atoparanse coa morte. O calendario de representacións foi o seguinte: Maiomaio (Ribadavia) e Agostoagosto (A Coruña – Praciña das Bárbaras, II Xornadas de Teatro Galego). O 16 de novembro, por outra parte, os membros do Grupo de Teatro leran, no Quiosco Alfonso, os poemas dos autores galardoados no II Concurso de Poesía O Facho.
 
'''4ª Época. Director – Xosé Fernando Martínez'''