Grupo de teatro O Facho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
de Galiza
Liña 19:
Así, en 1965 nacería o Grupo de [[Teatro idependente en Galicia|teatro independente]] -chamado comunmente grupo teatral O Facho-, un colectivo formado por integrantes das «Juventudes Comunistas» e dirixido por [[Manuel Lourenzo]] (membro da Asociación Cultural O Facho), que estaba destinado á representación exclusivamente en lingua galega. As súas actividades iniciáronse en agosto de 1965 no salón de exposicións da Casa da Cultura da Coruña. Dito grupo foi precursor directo do Teatro O Circo da Coruña, fundado e dirixido por Manuel Lourenzo e que acadaría o absoluto protagonismo durante os últimos anos da década dos sesenta. Membros do grupo teatral O Facho pasarían a formar parte do seu elenco.
 
A aparición en escena do grupo teatral O Facho propiciou, xunto coa posterior fundación do Teatro o Circo, a consolidación do teatro independente no país. Posteriormente, seguindo o exemplo do Teatro O Circo –o primeiro plenamente independente dade Galiza– aparecerían novas formacións dramáticas que converterían esta etapa na máis activa da historia galega teatral.
 
== Composición e Membros do Grupo de Teatro O Facho ==
Liña 25:
O Grupo de Teatro O Facho abrangue destacadas personalidades intelectuais galegas. Durante a súa historia, o Grupo experimentou diferentes cambios na dirección, así como continuadas modificacións en canto ao amplo elenco de actores e actrices que participaban nas representacións, por mor de diversos motivos (estudos, laborais, persoais etc.).
 
Foron directores en diferenciadas épocas: Manuel Lourenzo, actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais; [[Francisco Pillado Mayor]], escritor e persoeiro do mundo do teatro galego; [[Xosé Manuel Rodríguez Pampín]], sacerdote católico, escritor, tradutor e dramaturgo galego en lingua galega; Ramiro Cartelle, destacado músico, crítico e difusor da música dade Galiza; Xosé Ramón Rabón Lamas e Antón de Santiago.
 
Participaron na organización das lecturas e representacións destacadas figuras do panorama cultural galego como: [[Enrique Harguindey]], escritor e tradutor galego; [[Xosé Manuel Beiras]], político galego, líder do PSG e BNG; Xosé Luís Franco, escritor e avogado; [[Ramón Lugrís]], xornalista e ensaísta; [[Isaac Díaz Pardo]], empresario e artista, entre outros.