Marie Curie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 77.227.68.169 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
Etiqueta: Reversión
m →‎Premios Nobel: ligazón a bañeira
Liña 95:
 
[[Ficheiro:Sklodowska-Curie statue, Warsaw.JPG|miniatura|Monumento en [[Varsovia]], 1935.]]
Xunto con [[Henri Becquerel]] e Pierre Curie, Marie foi galardoada co Premio Nobel de Física en [[1903]], "en recoñecemento polos extraordinarios servizos rendidos nas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación descubertos por Henri Becquerel"<ref>Antoine H. Becquerel. [http://nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1903/becquerel-lecture.pdf On radioactivity, a new property of matter] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131008221550/http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1903/becquerel-lecture.pdf |date=08 de outubro de 2013 }}. Nobel Lecture, 11-12-1903. The Official Web Site of the Nobel Prize.{{en}}</ref> Foi a primeira muller que obtivo tal galardón. Recibiron por el 15.000 [[Dólar estadounidense|dólares]], unha parte dos cales utilizaron para facer agasallos ás súas familias e comprar unha [[bañeira]]. Pouco despois, en 1904, Pierre consolidouse como profesor titular na Facultade de Ciencias de Sorbona (onde xa ensinaba desde 1900).<ref>[http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/1903/pierre-curie-bio.html Biografía de Pierre Curie. The Official Web Site of the Nobel Prize] (en inglés).</ref> A fama incomodounos e concentráronse nos seus traballos. No mesmo ano tiveron á súa segunda filla, Ève, tras sufrir Marie un aborto, probablemente producido pola radioactividade.
 
O [[19 de abril]] de [[1906]] ocorreu unha traxedia: Pierre foi atropelado por unha carruaxe de seis toneladas, e morreu sen que nada se puidese facer por el. Marie quedou moi afectada, pero quería seguir cos seus traballos e rexeitou unha pensión vitalicia. Ademais asumiu a cátedra do seu marido, e foi a primeira muller en dar clases na universidade nos 650 anos transcorridos desde a súa fundación.