Christopher McCandless: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Viaxes: Corrixín castelanismos
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 6:
== Traxectoria ==
=== Mocidade ===
McCandless criouse en Annandale ([[Virxinia]]). O seu pai, Walt McCandless, traballou para a [[NASA]] comacomo especialista en antenas, e a súa nai, Wilhelmina ‘Billie’ Johnson, era a secretaria do seu pai, co que máis tarde fundou unha compañía consultora.
 
Xa de cativo os seus mestres notaron que Chris tiña unha vontade inusualmente férrea, á que sumou co tempo un intenso idealismo e gran resistencia física. Na escola secundaria foi capitán no equipo de atletismo, onde instou aos seus compañeiros a correr coma se se tratase dun exercicio espiritual, no que estaban correndo "contra as forzas da escuridade (...), contra todo o mal no mundo, todo o odio".
Liña 13:
 
=== Viaxes ===
Logo de graduarse en Emory en 1990, doou os seus aforros de 24. 000 dólares á caridade e comezou a viaxar polo país, baixo o alcume de '''Alexander Supertramp'''. McCandless viaxou a través de [[Arizona]], [[California]], e [[Dakota do Sur]], onde traballou en labores agrícolas. Alternou entre períodos de traballo relativamente estables e con gran contacto coa xente, con períodos en que estivo sen cartos e sen ningún contacto humano, ao punto de chegar a ter que loitar pola comida. Sobreviviu varios perigos durante eses períodos de vida salvaxe, como cando perdeu o seu automóbil nun diluvio, ou cando baixou en canoa polo [[río Colorado]] cara ao [[golfo de California]]. McCandless fachendeabapresumía de sobrevivir cun mínimo de elementos e cunha preparación bastante básica.
 
Durante anos, McCandless soñara cunha "Odisea de Alasca": vivir da terra, lonxe da civilización, e mantendo un diario de vida que describise o seu progreso físico e espiritual, enfrontando as forzas da natureza. En abril de 1992 fixo autostop a [[Fairbanks]]. Foi visto con vida por última vez por James Gallien, quen o levou de Fairbanks a Stampede Trail. Gallien preocupouse por ''Alex'', pois tiña poucos medios materiais e ningunha experiencia para saber desenvolverse ben no medio natural de Alasca. Gallien intentou persuadilo para que modificase a viaxe, e mesmo se ofreceu para levalo a [[Anchorage]] para comprar equipamento adecuado. McCandless negouse a recibir máis ca un par de botas de caucho, dúas latas de atún e unha bolsa de millo.
 
Logo de facer unha camiñata a [[Stampede Trail]], McCandless atopou un autobús abandonado comacomo lugar para asentarse. Levaba unha bolsa de arroz, un rifle Remington semiautomático con munición, un libro sobre as plantas locais, varios outros libros, e un pouco de equipo de campamento. Asumiu que debía cazar para poder vivir: malia a súa inexperiencia coma cazador, capturou con éxito animais pequenos coma ourizos e paxaros. Chegou a matar un [[alce]], pero non logrou conservar toda a carne sobrante, malia intentar afumala sobre os arbustos comacomo lle recomendaran os cazadores cos que se encontrara en [[Dakota do Sur]].
 
O seu diario de vida contén entradas de 113 días, nos que relata a súa mudante fortuna. Logo de vivir con éxito no autobús durante varios meses, Chris decidiu saír en xullo, pero atopou o sendeiro bloqueado polo [[río Teklanika]], que daquela estaba considerablemente máis crecido que cando o cruzara en abril.
Liña 31:
O seu corpo foi atopado no seu saco de durmir dentro do autobús, con apenas 30 quilos de peso. Levaba morto máis de dúas semanas. A causa oficial da súa morte foi [[inanición]].
 
O seu biógrafo, [[Jon Krakauer]], sostivo que dous factores puideron contribuír á morte de McCandless en agosto de 1992. Primeiro, que estaba en risco de inanición debido á súa crecente actividade, en comparación coa escasa comida que consumía polo que cazaba. Porén, Krakauer insiste en que a inanición non foi, tal como indican os certificados de defunción de McCandless, a causa primaria da súa morte. Inicialmente, Krakauer suxeriu que McCandless puidera inxerir sementes tóxicas de ''[[Hedysarum alpinum]]''. Non obstante, as probas de laboratorio demostraron concluintemente que non había rastro ningún de toxina presente nosnas subministrossubministracións de comida de McCandless. Nas edicións posteriores do seu libro, Krakauer sostivo que foi o fungo ''[[Rhizoctonia leguminicola]]'' o que creceu nas sementes que McCandless comeu, e que provocou a súa morte. Malia todo, non queda ningunha evidencia para apoiar esta teoría agás un escrito que fixo McCandless o 30 de xullo.
 
== Legado cultural ==
O libro de Krakauer fixo de McCandless unha figura heroica para moita xente. En 2002, o autobús abandonado onde McCandless acampou converteuse nun destino turístico. A película ''[[Into the Wild (filme)|Into de Wild]]'', baseada no libro de [[Jon Krakauer]], foi lanzada en setembro de 2007 con boa acollida da crítica. En outubro de 2007 lanzouse unha película-documentariodocumental sobre a viaxe, ''[[The Call of the Wild]]'', realizada polo director independente [[Ron Lamothe]]. A historia de McCandless tamén inspirou un episodio da serie de televisión ''[[Millennium]]'', o disco ''Cirque'' do grupo [[Biosphere]], e unha serie de cancións populares.
 
== Neglixencia citadina ==