Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
* Fildelfia > Filadelfia.
Liña 70:
Tras unha moi boa temporada 1961, ao ano seguinte chegaron malos tempos. Jerry Wolman, previa consulta co seu vello amigo Brandon Sturrock, comprou a franquía en 1963 aos "Happy Hundred", un grupo de investidores que foran donos do equipo desde 1949 até 1963, por 5.505.000 [[dólar estadounidense|dólares]] (cantidade actualmente equivalente a 42.621.864 dólares). Anos despois, en 1969, hai unha nova mudanza de propietario coa chegada de Leonard Tose, quen compra a franquía por 16.155.000 dólares (104.421.112 dólares actualmente), por entón récord para unha franquía deportiva profesional. O primeiro acto de Tose á fronte do equipo foi o de despedir ao adestrador Joe Kuharich, que levaba un decepcionante rexistro de 24 vitorial por 41 derrotas e 1 empate en cinco anos. En substitución de Kuharich, asinou ao ex-xogador do club Pete Retzlaff como director xeral e a Jerry Williams como adestrador. Coa fusión da NFL e a AFL en 1970, os Eagles foron colocados na [[NFC Leste]] cos seus arquirrivais [[New York Giants]], os [[Washington Redskins]] e os [[Dallas Cowboys]]. A súa rivalidade cos de [[Nova York]] é a máis antiga da NFC Leste, xa que se remonta até [[1993]], sendo aínda hoxe considerada como unha das rivalidades máis grandes da NFL.<ref>{{Cita novas |title=The Birds' Biggest Rival—In a division of fierce foes, the Giants have battled the Eagles as tough as anyone |date=17 de setembro de 2006 |first=Bob |last=Brookover |newspaper=Philadelphia Inquirer |page=D1}}</ref><ref>{{Cita novas |title=Eagles—Giants among top rivalries |date=6 de novembro de 2008 |first=Bob |last=Brookover |newspaper=Philadelphia Inquirer |page=D6}}</ref>
 
En 1976, Dick Vermeil foi contratado como adestrador dos Eagles procedente da UCLA (Universidade de California Os Ánxeles). O equipo de FildelfiaFiladelfia tan só conseguira entre 1962 e 1975 unha temporada con máis vitorias que derrotas. Con todo, da man de Vermeil e do quarterback [[Ron Jaworski]] o equipo se clasifica aos playoffs durante catro temporadas consecutivas a partir de 1978. O equipo de 1980 conseguiría gañar por primeira vez o título da NFC Leste. Na final polo título de conferencia tocaríalles xogar contra outro dos seus grandes rivais, os [[Dallas Cowboys]]. Finalmente, gañarían o partido por 20-7 e clasificaríanse para xogar a [[Super Bowl XV]], onde se terían que enfrontar aos [[Oakland Raiders]] no [[Louisiana Superdome]] de [[Nova Orleáns]]. Sería en última instancia o equipo [[california]]no quen se levaría o título tras vencer aos Eagles por 27-10. Ao ano seguinte, os Eagles foron eliminados na rolda wildcard dos playoffs polos Giants. Despois da decepcionante campaña de 1982, o adestrador Vermeil dimite do cargo alegando que estaba "queimado", sendo substituído polo seu coordinador defensivo Marion Campbell. En xaneiro de 1983, Tose anuncia que será a súa filla, Susan Fletcher, nese momento vicepresidenta do club, quen o sucedería no cargo chegado o día. Tan só un ano despois, comezaron a circular rumores de que Tose estaba a pensar en mover o equipo a [[Phoenix]] ([[Arizona]]), por motivos económicos.
 
== Estadio ==