European Rugby Champions Cup: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Historia ==
=== A Heineken Cup ===
=== Abandono da ERC e creación da Copa (2012/14) ===
A Copa Heineken foi presentada no verán de 1995 por iniciativa do entón [[Torneo das Seis Nacións]]Comité das Cinco Nacións]] para crear un novo nivel competición internacional profesional. Na [[Copa de Europa de rugby 1995-1996|primeira edición]] doce equipos representantes de [[Francia]], [[Gales]], [[Irlanda]], [[Italia]] e [[Romanía]] competiron en catro grupos de tres, pasando os gañadores de cada grupo directamente ás semifinais. A gran ausencia na primeira edición foi a dos equipos [[Inglaterra|ingleses]] e [[Escocia|escoceses]]. O xogo inaugural en Romanía, onde o [[Stade Toulousain|Toulouse]] derrotou ao Farul Constanţa por 54-10, foi ante moi pouco público. Porén, co paso das xornadas a compeitición foi gañando con cada vez máis espectadores nos estadios. O Toulouse foi o primeiro gañador da Copa Europea tras derrotar ao Cardiff na prórroga, nun encontro que reuniu 21.800 espectadores no [[Cardiff Arms Park]].
 
Os clubs de Inglaterra e Escocia entraron na competición entre 1996 e 1997. O rugby europeo expandiuse máis coa chegada da [[European Rugby Challenge Cup|European Challenge Cup]], formada cos equipos que non se clasificaban para a Heineken Cup. A Heineken Cup contaba agora con 20 equipos repartidos en catro grupos de cinco.
 
=== A nova copa ===
A historia comeza cando no ano [[2012]], clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola [[European Rugby Cup]] (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandasen o mellor equipo de cada nación, tivesen que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.