Firehose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
== Historia ==
Firehose formouse na primavera de [[1986]], pouco despois de que a morte accidental de [[D. Boon]] rematase coa anterior banda de Watt e Hurley, [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]]. Crawford, entón un estudante de 21 anos da Ohio State University e fan de Minutemen, foi invitado ao subir ao teito da furgoneta de [[Camper Van Beethoven]] en [[Columbus, Ohio]].<ref>{{Cita web|título=#46 The Van Part 1: When I Win The Lottery I’m Gonna Buy a New Van. « 300 Songs|url=https://web.archive.org/web/20100912034135/http://300songs.com/2010/09/08/46-the-van-part-1-when-i-win-the-lottery-im-gonna-buy-a-new-van/|páxina-web=web.archive.org|data=2010-09-12|data-acceso=2019-11-18}}</ref> Os membros de Camper Van Beethoven contáronlle a Crawford un rumor falso que falaba de que Watt e Hurley estaban facendo audicións para conseguir un guitarrista para o grupo.<ref name=":1">{{Cita web|título=fIREHOSE's Ed Crawford: "It Was Our Job. We F**kin' Showed Up Every Day."|url=https://www.phoenixnewtimes.com/music/firehoses-ed-crawford-it-was-our-job-we-f-kin-showed-up-every-day-6604611|páxina-web=Phoenix New Times|data=2012-04-10|data-acceso=2019-11-18|nome=Glenn|apelidos=BurnSilver}}</ref> Crawford, que atopou o número de teléfono de Watt na guía telefónca, chamouno expresando o seu desexo de ir a [[California]] e tocar con eles.<ref name=":0">Thompson, Matthew (2013). "edFROMOHIO". ''Fluke Fanzine''. '''1''' (11): 3-7.</ref> Aínda de loito pola perda do seu amigo Boon, Watt inicialmente non estivo interesado e perdera gran parte do seu interese por tocar,<ref>{{Cita web|título=fIREHOSE Interview 11-11-86|url=https://www.varmintcong.com/firehoseinterview.htm|páxina-web=www.varmintcong.com|data-acceso=2019-11-18}}</ref> porén, a insistencia de Crawford finalmente valeu a pena cando apareceu sen previo aviso en San Pedro e pedíulle a Watt a oportunidade de tocar para el.<ref name=":0" /> Watt finalmente accedeu e os dous atopáronse con Crawford facendo unha audicion e tocando o tema de [[The Who]] "I'm One", ademais dun feixe de cancións de Minutemen.<ref name=":0" /> Impresionados coa paixón e o entusiasmo de Crawford, Watt e Hurley acordaron darlle unha oportunidade ao inexperimentado "rapaz" de Ohio e formaron a banda. Crawford mudouse rapidamente a San Pedro onde pasou a ser coñecido como ed fROMOHIO, e pasou nove meses durmindo baixo un escritorio no apartamento dun único dormitorio de Watt. O nome da banda foi collido dunha curtamentraxe de [[Bob Dylan]] facendo "Subterranean Homesick Blues", xa que Watt pareceulle que era divertido cando Dylan levantaba unha tarxeta de referencia para as letras que dicía "firehose" (en galego é mangueira).
 
A banda realizou o seu primeiro concerto en xuño de [[1986]] e a finais dese ano publicou o seu álbum de estrea, ''[[Ragin', Full On]]'', a través do selo independente [[SST Records|SST]]. Ese mesmo ano tamén actuaron de abreconcertos para [[Sonic Youth]] na súa xira ''Flaming Telepaths Tour''. O grupo gañou rapidamente unha leal base de seguidores, especialmente entre o movemento [[skate]] grazas en parte á inclusión dalgún do seu primeiro material en varios videos clave de skate de finais dos 80. "Brave Captain" de ''Ragin', Full On'', ademais de "Sometimes", "Hear Me" e "Windmilling" do seu segundo álbum, ''[[If'n]]'', apareceron na serie de videos "Streets on Fire" de Santa Cruz Skateboards.
 
No curso de sete anos e medio a banda desenvolveu a súa propia identidade musical distinta á de Minutemen, aínda que mantivo a mesma síntese dinámica de [[punk]], [[funk]] e [[free jazz]].<ref name=":1" /> O grupo xirou sen parar tocando constantemente para audiencias cheas. Firehose realizou 980 concertos, e publicou cinco álbums e dous EPs antes de separarse no ano [[1994]]. A banda realizou o seu derradeiro concerto o día [[12 de febreiro]] de 1994 no Warner Grand Theatre en [[San Pedro, California]].
 
Nunha entrevista para a revista ''[[Billboard]]'' Watt declarou "A meirande parte das bandas xiran para promocionar discos. Nos facemos discos para promocionar xiras".<ref>{{Cita web|título=fIREHOSE’s new box set showcases a band that was at its best onstage|url=https://music.avclub.com/firehose-s-new-box-set-showcases-a-band-that-was-at-its-1798230793|páxina-web=Music|data-acceso=2019-11-18|lingua=en-us}}</ref>
 
== Discografía ==