Bolivia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 74:
 
Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sufriu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.
 
==== 2005-2019: Presidencia de Evo Morales e nacionalización do petróleo ====
[[Ficheiro:Evomorales 20050122 posesion01.jpg|miniatura|Evo Morales na súa posesión como Presidente.]]
[[Evo Morales]] gañou as [[Eleccións xerais de Bolivia de 2005|eleccións presidenciais de 2005 co 53,7% dos votos, unha maioría absoluta pouco frecuente nas eleccións en Bolivia. O de maio de 2006, Morales xerou controversia cando anunciou o seu intento de nacionalizar os hidrocarburos do país. Cumprindo unha promesa de campaña, o 6 de agosto de 2006, Morales abriu unha [[aemblea constituínte]] para comezar a escribir unha nova constitución que lle outorgase máis poder á maioría indíxena.<ref>{{cita novas |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/5251306.stm |título=Push for new Bolivia constitution |editor=BBC News |data=6 de agosto de 2006 |dataacceso=30 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100327011109/http://news.bbc.co.uk/2/hi/americas/5251306.stm |dataarquivo=27 de marzo de 2010 |urlmorta=non |df=dmy-all }}</ref>
 
En agosto de 2007, xurdiu un conflito en [[Sucre]], xa que a cidade esixiu un debate sobre a sede do goberno dentro da asemblea, agardando que os poderes executivo e lexislativo puidesen regresar á cidade, mais a asemblea e o goberno dixeron que esta demanda era pouco práctica e politicamente indeseable. En maio de 2008, Evo Morales foi signatario do tratado constitutivo da [[Unión de Nacións Suramericanas]]. Nas eleccións xerais de 2009, Evo Morales foi reelixido co 64,22% dos votos. O seu partido, [[Movemento ó Socialismo (Bolivia)|Movemento ó Socialismo]], tamén gañou unha maioría de dous terzos en ámbalas cámaras da [[Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia]]. Despois de acusacións de fraude nas [[eleccións xerais de Bolivia de 2019]] e protestas contra o goberno, Morales renunciou o 10 de novembro de 2019. Isto produciuse pouco despois de que os militares esixisen a súa renuncia despois de poñerse do lado dos manifestantes, e os ex funcionarios do goberno informasen que se estaba a buscar o seu arresto.<ref>{{Cita web|url=https://www.nytimes.com/2019/11/10/world/americas/evo-morales-bolivia.html|título=Bolivian Leader Evo Morales Steps Down|nome=Ernesto|apelido=Londoño|data=10 de novembro de 2019|via=NYTimes.com}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://twitter.com/telesurenglish/status/1193673697485377537|título=#Bolivia &#124; Former President of the National Assembly and current Minister of Health Gabriela Montaño denounces that police are “illegally intending to arrest #EvoMorales. We denounce this madness to the world.”https://twitter.com/GabrielaSCZ/status/1193671831254962176 …|nome=teleSUR|apelido=English|data=10 de novembro de 2019}}</ref> [[Jeanine Áñez]] declarouse a si mesma como presidenta de Bolivia e asumiu o poder o 12 de novembro de 2019.<ref>{{cita novas|url=https://www.bbc.com/news/world-latin-america-50399640|title=Bolivia crisis: Jeanine Áñez assumes interim presidency|data=13 de novembro de 2019|dataacceso=18 de novembro de 2019|editor=BBC}}</ref>
 
== Xeografía ==