Bolivia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 63:
 
O [[estado soberano]] de Bolivia é un [[Constitución de Bolivia|constitucionalmente]] un [[estado unitario]] dividido en [[Departamentos de Bolivia|nove departmentos]]. A súa xeografía varía dende os cumios dos [[Andes]] no oeste, ás terras baixas do leste, que se atopan dentro da [[bacía do río Amazonas]]. Un terzo do país atópase dentro da cadea montañosa dos [[Andes]]. Cunha área de 1,098,581 km2, Bolivia é o quinto maior país de [[América do Sur]], despois do [[Brasil]], a [[Arxentina]], o [[Perú]] e [[Colombia]] (e xunto con [[Paraguai]], é un dos dous únicos países sen costa de [[América]]), o [[Lista de países por superficie|27º meirande do mundo]], o meirande [[estado sen litoral]] do [[hemisferio sur]] e o sétimo maior país sen costa do mundo, despois de [[Casaquistán]], [[Mongolia]], o [[Chad]], [[Níxer]], [[Malí]] e [[Etiopía]].
 
A poboación do país, estimada en 11 millóns de persoas, é multiétnica, incluíndo [[Pobos indíxenas de América|indíxenas]], [[mestizo]]s, [[Europa|europeos]], [[Asia|asiáticos]] e [[África|africanos]]. A [[segregación racial]] e social que comezou na colonización española continuou até a era moderna. O [[Lingua castelá|castelán]] é a lingua oficial e predominante, aínda que outras 36 [[Linguas de Bolivia|linguas indíxenas]] adquiriron status oficial, sendo as máis comúns o [[Lingua guaraní|guaraní]], o [[Lingua aimará|aimará]] e o [[Linguas quechuas|quechua]].
 
== Historia ==