Ciclo lisoxénico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Phage2.JPG|miniatura|dereita|300px|Ciclo lisoxénico, comparado co ciclo lítico.]]
[[Ficheiro:Prophage SVG.svg|miniatura|dereita|150px|Profago.]]
O '''ciclo lisoxénico''' ou '''lisoxenia''' é un dos métodos de reprodución dos [[virus]]. A lisoxenia caracterízase pola integración do ácido nucleico dun virus [[bacteriófago]] (virus que infecta [[bacteria]]s) no cromosoma da bacteria [[hóspede]] ou a formación dun [[replicón (xenética)|replicón]] circular no citoplasma bacteriano. O material xenético do bacteriófago unha vez integrado denomínase '''profago''' ou prófago,<ref>BUSCatermos [https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#107310 profago/prófago]</ref> e pode ser transmitido ás células fillas da bacteria en cada división celular, porque cando se fai a replicación do [[cromosoma bacteriano]] tamén se fai a do profago integrado. Todas as bacterias fillas levan o profago. Chegado un momento, algún estímulo, como pode ser a radiación [[ultravioleta]] ou a presenza de certas substancias químicas, pode facer que o profago orixine a formación de novos fagos, dando lugar a un [[ciclo lítico]], no que a proxenie de virus lisará a célula.<ref name=Campbell>{{Cita libro|last=Campbell and Reece|title=Biology|year=2005|publisher=Pearson|location=San Francisco|pages=338-339}}</ref> Os ciclos lisoxénicos poden tamén ocorrer en eucariotas, aínda que o método de incorporación do ADN non se comprende tan ben.
 
A distinción entre ciclos líticos e lisoxénicos baséase no modo en que se propaga o ADN viral durante a reprodución normal da bacteria. Os fagos líticos propáganse por medio da produción dunha proxenie de miles de fagos completamente formados capaces de infectar a outras células. Nos fagos lisoxénicos o que se propaga durante o ciclo lisoxénico é o seu xenoma en forma de profago á vez que a bacteria se divide. No ciclo lisoxénico non se lisa a célula bacteriana e no lítico si.<ref name=Lodish>{{Cita libro|last=Lodish et al.|title=Molecular Cell Biology|year=2008|publisher=W.H. Freeman|location=New York|pages=158-159}}</ref> Os fagos que se replican só por medio de ciclos líticos denomínanse fagos virulentos, mentres que os que se replican usando ciclos lisoxénicos e líticos denomínanse fagos temperados ou atenuados.<ref name=Campbell/>