Aviva Stadium: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
En espectáculos deportivos ten capacidade para 51 700 espectadores, chegando aos 65 000 nos espectáculos musicais.
 
Mentres que o seu predecesor era propiedade exclusiva da [[Federación Irlandesa de Rugby]] (IRFU), o Aviva Stadium está controlado por unha sociedade participada a partes iguais polas federacións irlandesas de Rugby e de Fútbol, denominada ''Lansdowne Road Stadium Development Company'' (LRSDC), que o explotará durante 60 anos, ao cabo dos que o estadio volverá ser propiedade exclusiva da IRFU.
 
O estadio, localizado ao carón da estación ferroviaria de Lansdowne Road, abriu oficialmente o 14 de maio de 2010. Ten a categoría [[UEFA]] de ''Elite Stadium'', albergando a final da [[Copa UEFA|UEFA League]] de [[2011]] e a Copa das Nacións, competición bianual que arrancou ese mesmo ano e que enfronta ás seleccións de fútbol de Eire, Ulster, Gales e Escocia.