Relapse Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Historia ==
O selo foi creado por Matthew F. Jacobson no mes de agosto de 1990 no sótanosoto da casa dos seus pais en [[Aurora, Colorado]]. Os primeiros dous lanzamentos da discográfica foron sinxelos de 7 polgadas das bandas [[Velcro Overdose]] e [[Face of Decline]], seguidos pouco despois por tres bandas de [[death metal]] que estarían entre as máis grandes do selo, [[Deceased]], [[Suffocation]] e [[Incantation]].
 
Despois diso, Jacobson familiarizouse con William Yurkiewicz Jr., que se converteu no seu socio no selo. Yurkiewicz fundara a súa propia discográfica, que pronto lanzaría álbums das bandas [[General Surgery]], [[Disrupt]], [[Destroy]], [[Misery]] e a propia banda de Yurkiewicz, [[Exit-13]]. Os dous uniron as súas forzas para crear Relapse Records, co obxectivo de liberar música extrema de alta calidade embalada profesionalmente.
Liña 14:
En [[1998]] Relapse abriu unha oficina de promocións en [[Berlín]], ademais de conseguir un acordo de distribución en [[Alemaña]]. No ano [[2003]], Relapse organizou un festival de música, o Relapse Contamination Festival, que tivo lugar os días 18 e 19 de xaneiro no Trocadero Theatre de [[Filadelfia, Pensilvania]] e contou con varios artistas do selo. No ano [[2000]] Relapse mudouse a Upper Darby, ás aforas de Filadelfia, e comezou a pensar en abrir unha tenda física. En xuño de [[2001]] o selo inaugurou a súa primeiros tenda de discos en Filadelfia.
 
En [[2010]] Relapse anunciou que chegara a un acordo co avogado de propiedade intelectual Eric Greif e Perseverance Holdings Ltd. para tomar o control do catálogo de [[Chuck Schuldiner]] e dos nomes de [[Death]] e [[Control Denied]] a nivel internacional. O sexto álbum de estudio de Death, ''[[Symbolic]]'' ([[1995]]), foi excluído do acordo xa que os dereitos sobre ese disco os mantén [[Roadrunner Records]].<ref>{{Cita web|título=Classic Death, Control Denied Albums Being Reissued by Relapse|url=http://noisecreep.com/classic-death-control-denied-albums-being-reissued-by-relapse/|páxina-web=Noisecreep|data-acceso=2019-11-16|lingua=en|nome=Amy|apelidos=Sciarretto}}</ref>
 
== Notas ==