Mercurio (planeta): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
m engado 'un'
Liña 6:
'''Mercurio''' é o primeiro [[planeta]] do [[Sistema solar]], contando a partir do [[Sol]]. É o segundo menor do [[sistema solar]]: o seu diámetro é un 60% menor que o da [[Terra]] e só un 40% maior que o da [[Lúa]]. É ata menor que [[Ganímedes (satélite)|Ganimedes]], unha das lúas de [[Xúpiter]], ou que [[Titán (satélite)|Titán]], unha lúa de [[Saturno]]. É un mundo inhóspito para os humanos, no que se acadan altas e tamén baixas temperaturas, debido á proximidade do Sol e a que por efecto da [[marea solar]] a través do tempo, ten unha duración de día parella á do ano ([[Período orbital|período]] de revolución arredor do seu propio eixe en relación ó período de revolución arredor do Sol), e polo tanto, cando unha parte do planeta entra na súa propia sombra, emite moita calor. É un mundo morto tamén xeoloxicamente, pois ten un tamaño reducido como planeta (é dicir, gran superficie pola que puido saír ó exterior a enerxía interna debida á aglutinación de materiais no centro planetario, deixando tal fuga enerxética de ter relevancia xeolóxica hai tempo e polo tanto, deixando de ter enerxía para os movementos da superficie), sendo a influencia solar sobre o planeta a maior con diferenza de todo o [[sistema solar]]
 
'''Mercurio''' foi bautizado polos [[Imperio Romano|romanos]] en honor ó [[Mercurio (deus)|mensaxeiro dos deuses]], de ás nos pés, porque parecía moverse máis axiña do que calquera outro planeta. Ao ser un planeta con [[órbita]] máis pequena cá da Terra, Mercurio pasa de xeito periódico entre esta e o Sol, fenómeno ó que se lle chama [[tránsito de Mercurio]] se nese momento ambos planetas e o Sol están aliñados. Dito fenómeno prodúcese unhas 13 veces cada século, téndose producido un o [[11 de novembro]] de [[2019]].<ref>{{Cita web|título=Mercury Transit 2019 - PROBA2 Science Center|url=https://proba2.sidc.be/mercurytransit2019|páxina-web=proba2.sidc.be|data-acceso=2019-11-11}}</ref>
 
== Ambiente xeral ==