Sit tibi terra levis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
 
Liña 3:
'''''Sit tibi terra levis''''' é unha [[locución]] [[latín|latina]], usada na [[Roma Antiga]] [[Cristianismo|precristiá]] como [[epitafio]]. Evoca de forma poética o angoiro de pensar o peso da terra sepulcral oprimindo o corpo que xace baixo ela. Diríxese directamente á persoa defunta, implicando unha idea de [[transcendencia]].
 
Pode traducirse como "que a terra che sexa lixeiraleve», e adoitaba abreviarse nas [[lápida]]s coas [[inicial|iniciais]] '''S·T·T·L'''. Documéntanse variantes como '''T·L·S''' («''terra levis sit''») ou '''S·E·T·L''' («''sit ei terra levis''»). Equivale ás locucións cristiás máis modernas «''[[requiescat in pace]]''» (R.I.P.), ou, xa en [[lingua galega|galego]], «descanse en paz» (D.E.P.) ou «que en paz descanse» (Q.E.P.D.).
 
Esta locución aparece con frecuencia na literatura latina clásica, en múltiples variacións. Así, [[Tibulo]] (''Elexías'', 2, 4, 50): di ''«et bene discedens dicet placideque quiescas, terraque securae sit super ossa levis»'' («e marchando dirá: que descanses ben e con tranquilidade, e que a terra che sexa lixeiraleve sobre os ósos, ben resgardada»).
 
{{Control de autoridades}}