Ruta dos miradoiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m cc, ct
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\bantigu(o|a) +antig\1)
Liña 6:
-------
*O '''Mirador de San Miguel''' esta o carón da capela do mesmo nome. O mirador, o mesmo que a Ponte dos Santos, ten unha excelente vista sobre o porto deportivo. As actividades marítimas danlle un punto de vista diferente a este mirador, que é punto privilexiado para olla-las regatas de bote de vela latina, exclusivos da [[Ría de Ribadeo]], que se celebran durante o verán.
*O '''Mirador do Cargadoiro''' é outro punto de parada obrigada. A ambas beiras deste mirador discurre o paseo da beira da Ría de Ribadeo. Resalta del unha estrutura de madeira en voadizo sobre a ría, sostida polos pilares do antiguoantigo cargadoiro de mineral de ferro que forman parte da historia industrial de Ribadeo (na primeira medade do século XX). Dende alí pódese ver a particular riqueza paisaxistica da ría e da zona, augas limpas, rochas e calas pedregosas. Pola súa esquerda, a unhas cantas deceas de metros, está o [[Forte de San Damián]], construción militar do seculo XVIII de carácter defensivo rehabilitada no ano [[1995]]. Na actualdiade estase a utilizar coma sala municipal da arte e para outras actividades (hai pouco realizouse alí un campamento musical). Agocha un que parece un bonito reloxio de sol, que reta o visitante a coñecer a que hora se atopa nese momento, e que en realidade é un esquema da arcada.
*O '''Mirador da Illa Pancha''' é o punto final da Ría de Ribadeo, a Carón do faro. O mar cobra protagonismo nun mirador apacible ou onde se pode recoller o furor do mar. A súa vez esta arrodada de zonas con pequenas calas rochosas. Tamén cerca dela queda a [[Praia das Rochas Brancas]]. Tras a ponte de acceso a illa (normalmente de acceso prohibido) atópase o faro antigo, e xusto o seu carón levántase o faro moderno que sinala a entrada da ría. Un panel na entrada da illa da información e describe a historia do primeiro deles.
--------