Albino Núñez Domínguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5305256 de HombreDHojalata (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{investigación orixinal}}
{{non neutral}}
{{Sen referencias|data=decembro de 2018}}
{{wikificar}}
{{Escritor
|lingua da escrita = [[Lingua galega|Galego]]
Liña 9 ⟶ 12:
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, sendo «discípulo predilecto de don [[Vicente Risco]], don Felipe Pedreira, don José Soler e de dona Araceli Ancochea» (A. Vilanova). Exerceu de mestre nas localidades de [[Amoroce, Amoroce, Celanova|Amoroce (Celanova)]] e [[Maceda]] (Ourense), iniciándose no ambiente empobrecido da aldea galega o seu fervor pola pedagoxía, que habería de ser a gran paixón da súa vida.
 
En [[1932]], a [[A.T.E.O.]] (Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense), da cal era o seu presidente, decide editar unha revista pedagóxica que se chamaría ''[[Escuela del Trabajo]]'' e que tivo unha feliz andadura durante dous anos, con vinte e seis números publicados. Encárgase a súa dirección a Albino Núñez Domínguez, «un mestre namorado dá súa profisión e cheo de ideas renovadoras, tendo de colaboradores a todo ou Consello de Dirección daquel xornal anterior, A República, e a grande cantidade de mestres republicanos dispersos pola provincia ourensana» (Joam C. Chilhon Iglesias).{{Cómpre referencia}}
 
A revista constituíu un auténtico revulsivo dentro do ensino, ancorado entón nos vellos métodos. Albino Núñez imprimiulle un carácter marcadamente técnico-pedagóxico, rexeitando de pleno o pernicioso memorismo e o excesivo intelectualismo da época e introducindo os métodos da «[[Escola Nova]]»,{{cómpre referencia}} baseados nas máis recentes doutrinas pedagóxicas e en tentativas empíricas para a súa realización. Foi o primeiro medio de difusión que fixo chegar ás escolas da provincia ourensá as novas técnicas pedagóxicas (Montessori, Kerschensteiner, Decroly, Dewey, Cousinet etc...).
 
Ao aprobar a oposición ao Corpo de Directores Escolares, Núñez Domínguez é trasladado ao Grupo Escolar «Concepción Arenal» da [[A Coruña|Coruña]], onde seguiría desenvolvendo as novas técnicas escolares, establecendo «novos fins» da educación e orientando para eses fins a obra social da escola «por medios psicobiolóxicos de adaptación do comportamento». Pero a guerra civil truncou as súas aspiracións humanistas cando era director do Centro antes mencionado. A partir de [[1936]] dedícase ao ensino privado, primeiro en [[Lugo]], e máis tarde en Ourense, onde funda, en [[1949]], o centro de ensino «[[Estudios Galicia]]». O grande interese deste centro radicaba, sobre todo, na especial atención dedicada á formación de mestres que logo levarían ás súas aulas as novas técnicas de ensino, conectando así coa súa primeira etapa de director de ''Escuela del Trabajo'' como divulgador dos métodos de avanzada pedagoxía na provincia de Ourense.