Diferenzas entre revisións de «Erwin Panofsky»

Máis de en.wiki
(Máis de en.wiki)
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Erwin Panofsky''', nado en [[Hannover]] o [[30 de marzo]] de [[1892]] e finado en [[Princeton, Nova Jersey|Princeton]] ([[Nova Jersey]]) o [[14 de marzo]] de [[1968]],<ref>{{Cite web|url=http://arthistorians.info/panofskye|title=Erwin Panofsky - Dictionary of Art Historians|website=arthistorians.info|access-date=2016-03-25}}</ref> foi un historiador da arte e ensaísta [[Alemaña|alemán]], exiliado nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A súa obra máis coñecida e influente é ''Studies in Iconology'',<ref name="Shone 2013">Shone, Richard and Stonard, John-Paul, eds. ''The Books that Shaped Art History'', chapter 7. London: Thames & Hudson, 2013.</ref> mais as súas monografías sobre [[Albrecht Dürer|Dürer]], [[Tiziano]], os artistas flamengos ou a arte funeraria son traballos fundamentais na estética do século XX.<ref name="Chartier, Roger pp. 23-24">Chartier, Roger. ''Cultural History'', páx. 23-24 (de "Intellectual History and the History of ''Mentalités''"). Ithaca: Cornell University Press, 1988</ref>
 
== Traxectoria ==
En 1924 apareceu a primeira das súas grandes obras, ''"Idea": Ein Beitrag zur Begriffsgeschichte der älteren Kunstheorie'', onde examina a historia da teoría [[Neoplatonismo|neoplatónica]] da arte. Participou na fundación do [[Instituto Warburg]] e recibiu na súa formación unha influencia moi decisiva de [[Ernst Cassirer]] en canto á definición de "[[símbolo]]", como se aprecia na súa obra ''Perspective as Symbolic Form''.
 
Entre 1926 e 1933 foi profesor numerario na [[Universidade de Hamburgo]], onde comezara a ensinar en 1921, mais abandonou [[Alemaña]] cando os [[Nazismo|nazis]] tomaron o poder (era de ascendencia [[Pobo xudeu|xudía]]) e instalouse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], onde xa viaxara como profesor convidado en 1931. Foi profesor no [[Instituto de Estudos Avanzados]] da [[Universidade de Princeton]] (1935-1962),<ref>{{cita web|url=https://www.ias.edu/files/amias/pdfs/tati-art-architecture.pdf |title=Erwin Panofsky |publisher=Institute for Advanced Study |date= |accessdate=25 de xaneiro de 2017}}</ref> mais tamén traballou nas universidades [[Universidade Harvard|Harvard]] (1947-1948) e de [[Universidade de Nova York|Nova York]] (1963-1968).
 
Para Panofsky a [[historia da arte]] é unha ciencia en que se definen tres momentos inseparables do acto interpretativo das obras na súa globalidade:
En ''Gothic Architecture and Scholasticism'' (1951), estuda as relacións entre a [[arte gótica]] clásica e o pensamento da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]]: ambos responden ao mesmo “hábito mental”, é dicir, responden a unhas ideas reitoras da cultura que impregnan todas as súas manifestacións. Lémbrese que durante a alta [[Idade Media]], a escolástica latina transformou radicalmente a cosmovisión naturalista grega da que era debedora. Os escolásticos representan o universo como unha entidade de carácter divino evidente en si mesma e polo tanto inalterable e absoluta. Os filósofos escolásticos non pretenderon construír novas teorías sobre a natureza das cousas a partir da investigación ou de coñecementos acumulados, senón explicar as nocións aceptadas pola física da época (sobre todo de [[Platón]] e [[Aristóteles]]) dende a óptica da tradición relixiosa, considerada como valor absoluto). Na práctica da arquitectura levou a sublimar os seus aspectos teóricos. Non interesa o coñecemento técnico senón as leis absolutas (divinas) nas que este debe conformarse. Por iso o construtor medieval, do mesmo xeito que o filósofo non pretendía crear formas novas nin ser orixinal. As analoxías entre a arquitectura e a escolástica son: claridade, totalidade, homologación das partes, aceptación e reconciliación de posibilidades contraditorias e principios retóricos. Da ''manifestatio'' á ''transparencia'', da ''concordantia'' á ''reconciliación entre o contraditorio'' e a diferenza ''razón''-''fe'' a ''espazo exterior-volume interior''.
 
Especial importancia merecen os seus artigos. No seu artigo "''A Historia da arte en canto a disciplina'' ''humanística''", aborda a iconoloxía dende o punto de vista metodolóxico. Partindo do relativismo cultural, di que todo feito está inscrito nunhas coordenadas espaciais e temporais. O papel do espectador, do mesmo xeito que do historiador, nunca é “inxenuo”, senón que se enfronta á obra cuns orzamentos culturais para poder alcanzar o seu “significado”. En canto ao artigo "Iconografía e Iconoloxía: introdución ao estudo da arte do renacemento", nel desenvolve teoricamente o método iconográfico-iconolóxico, é dicir, como o historiador da arte alcanza o significado dunha obra de arte. Trátao en tres pasos:<ref name="Panofsky1">Panofsky, Erwin. ''Studies in Iconology: Humanistic Themes in the Art of the Renaissance.'' New York: Harper & Row, 1972. pp. 5–9.</ref>
* Descrición preiconográfica: O historiador da arte consigna aqueles datos que posúe a obra, fácticos e expresivos. Alcanzado pola nosa percepción. Iso si, ás veces necesítase apelar a maiores coñecementos como o tempo e a cultura dadas na realización da obra.
* Análise iconográfico: Identificación de imaxes, historias e [[alegoría]]s. A análise iconográfica implica un método descritivo e non interpretativo e ocúpase da identificación, descrición e clasificación das imaxes.
* Análise iconolóxica: Verdadeiro obxectivo da análise da obra de arte, dilucidar a significación intrínseca ou contido. Débese prestar atención aos procedementos técnicos, aos trazos de estilo e ás estruturas de composición tanto como aos temas iconográficos.
 
== Obras ==
* ''Idea: A Concept in Art Theory'' (1924)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=kS5sQgAACAAJ|title=Idea: A Concept in Art Theory|last=Panofsky|first=Erwin|date=1968|publisher=Harper & Row|isbn=9780064300490|language=en}}</ref>
* ''Perspective as Symbolic Form'' (1927)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=koJQAAAAMAAJ|title=Perspective as Symbolic Form|last=Panofsky|first=Erwin|date=1991|publisher=Zone Books|isbn=9780942299526|language=en}}</ref>
* ''Studies in Iconology'' (1939)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=PA8T0AJFq7EC|title=Studies In Iconology: Humanistic Themes In The Art Of The Renaissance|last=Panofsky|first=Erwin|date=1972|publisher=Harper & Row|isbn=9780786741885|language=en}}</ref>
* ''The Life and Art of Albrecht Dürer'' (1943)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=F6p1QgAACAAJ|title=The Life and Art of Albrecht Dürer|last=Panofsky|first=Erwin|last2=Smith|first2=Jeffrey Chipps|date=2005|publisher=Princeton University Press|isbn=9780691122762|language=en}}</ref>
* ''Gothic Architecture and Scholasticism'' (1951)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=33rsAAAAMAAJ|title=Gothic architecture and scholasticism|last=Panofsky|first=Erwin|date=1976|publisher=New American Library|language=en}}</ref>
* ''[[Early Netherlandish Painting (Panofsky)|Early Netherlandish Painting]]: Its Origins and Character'' (1953).<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=B64QAQAAMAAJ|title=Early Netherlandish Painting, Its Origins and Character: Text|last=Panofsky|first=Erwin|date=1953|publisher=Harvard University Press|language=en}}</ref>
* ''Meaning in the Visual Arts'' (1955)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=6CYtZjucAhcC|title=Meaning in the Visual Arts|last=Panofsky|first=Erwin|date=1955-01-01|publisher=Doubleday|isbn=9780226645513|language=en}}</ref>
* ''Pandora's Box: the Changing Aspects of a Mythical Symbol'' (1956) (con Dora Panofsky)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books?id=7BPqAAAAMAAJ|title=Pandora's Box: The Changing Aspects of a Mythical Symbol|last=Panofsky|first=Dora|last2=Panofsky|first2=Erwin|date=1956-01-01|publisher=Pantheon Books|language=en}}</ref>
* ''Renaissance and Renascences in Western Art'' (1960)<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/books/about/Renaissance_and_Renascences_in_Western_A.html?id=UWB-6qFGA6sC|title=Renaissance and Renascences in Western Art|last=Panofsky|first=Erwin|date=1969|publisher=Westview Press|isbn=0064300269|language=en}}</ref>
* ''Tomb Sculpture: Four Lectures on Its Changing Aspects from Ancient Egypt to Bernini'' (1964)<ref>{{Cita libro|url=https://books.google.com/books?id=FITqAAAAMAAJ|title=Tomb sculpture: four lectures on its changing aspects from ancient Egypt to Bernini|last=Panofsky|first=Erwin|last2=Janson|first2=Horst Woldemar|date=1992|publisher=H.N. Abrams|language=en}}</ref>
* ''Saturn and Melancholy: Studies in the History of Natural Philosophy, Religion, and Art'' (1964) (con [[Raymond Klibansky]] e [[Fritz Saxl]])<ref>{{Cita libro|url=https://books.google.com/books/about/Saturn_and_Melancholy.html?id=WLt-AAAAMAAJ|title=Saturn and Melancholy: Studies in the History of Natural Philosophy, Religion, and Art|last=Klinbansky|first=Raymond|last2=Panofsky|first2=Erwin|last3=Saxl|first3=Fritz|date=1964-01-01|publisher=Thomas Nelson and Sons|language=en}}</ref>
* ''Problems in Titian, mostly iconographic'' (1969)<ref>{{Cita libro|url=https://books.google.com/books?id=02YmAQAAIAAJ|title=Problems in Titian, mostly iconographic|last=Panofsky|first=Erwin|date=1969-01-01|publisher=New York University Press|language=en}}</ref>
* ''Three Essays on Style'' (1995; edición de Irving Lavin):<ref>{{Cita libro|url=https://books.google.com/books?id=awUfoHYN_KcC|title=Three Essays on Style|last=Panofsky|first=Erwin|last2=Heckscher|first2=William S.|date=1997|publisher=MIT Press|isbn=9780262661034|language=en}}</ref> "What Is Baroque?", "Style and Medium in the Motion Pictures", "The Ideological Antecedents of the Rolls-Royce Radiator". Introdución de [[Irving Lavin]].
* ''The Mouse That Michelangelo Failed to Carve''<ref>{{cita publicación periódica|url= http://www.florentine-society.ru/pdf/The_Mouse_Michelangelo_Failed_to_Carve.pdf |title= The Mouse That Michelangelo Failed to Carve|edition= Essays In Memory of Karl Lehmann |location=Nova York|year= 1964}}</ref>
* ''Carmina Latina'' (2018; edición de Gereon Becht-Jördens)<ref>In: Gereon Becht-Jördens (Ed.): ''Ewig die Liebe allein. Erwin Panofskys, der sich auch Pan nennt, Lateinische Gedichte gesammelt, revidiert, berichtigt und mit einigen knappen Anmerkungen versehen. Mit Einleitung in lateinischer und deutscher Sprache sowie deutschen Versübertragungen'' Königshausn & Neumann, {{ISBN|978-3-8260-6260-5}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*Holly, Michael Ann, ''Panofsky and the Foundations of Art History'', Ithaca, Cornell University Press, (1985)
*Ferretti, Sylvia,'' Cassirer, Panofsky, Warburg: Symbol, Art, and History,'' New Haven, Yale University Press, (1989)
*Lavin, Irving, editor, ''Meaning in the Visual Arts: View from the Outside. A Centennial Commemoration of Erwin Panofsky (1892–1968)'', Princeton, Institute for Advanced Study, (1995)
*Panofsky, Erwin, & Lavin, Irving (Ed.), ''Three essays on style'', Cambridge, MA, MIT Press, (1995)
* [http://arthistorians.info/panofskye ''Panofsky, Erwin''.] in the ''Dictionary of Art Historians'', Lee Sorensen, ed.
*Wuttke, Dieter (Ed.), ''Erwin Panofsky. Korrespondenz'', Wiesbanden, Harrassowitz, (2001–2011)
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.aaa.si.edu/collections/findingaids/panoerwi.htm Erwin Panofsky Papers] at the Smithsonian's [[Archives of American Art]]
*[http://hup.sub.uni-hamburg.de/volltexte/2011/112/chapter/HamburgUP_Hauptgebaeude_Donandt_Panofsky.pdf Rainer Donandt, "Erwin Panofsky – Ikonologe und Anwalt der Vernunft"]
* Emmanuel Alloa, [https://www.academia.edu/13501360/Could_Perspective_Ever_be_a_Symbolic_Form_Revisiting_Panofsky_with_Cassirer Could Perspective Ever Be A Symbolic Form. Revisiting Panofsky with Cassirer], en ''Journal of Aesthetics and Phenomenology'' 2.1 (2015)
*[https://scholar.harvard.edu/files/jconnors/files/panofsky_bibliography.docx Panofsky Bibliography: The Major Works] – Compilado por [[Joseph Connors]]
 
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Nados en 1892]]
[[Categoría:Finados en 1968]]
[[Categoría:Profesores da Universidade de Princeton]]
[[Categoría:Historiadores da arte]]
31.543

edicións