Erwin Panofsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Ideas clave nas súas obras máis importantes ==
En ''"Idea"'' (1924), establece unha correlación entre [[pensamento]] e [[imaxe]]. Continuando a tradición que inaugurou [[Filóstrato de Lemnos|Filóstrato]] sobre como o artista a través da fantasía supera a [[mímese]], é dicir, entre o que se ve e o que non se ve, Panofsky di que a arte, na súa forma máis elevada, pode prescindir totalmente do modelo sensible e emanciparse por completo da impresión do realmente perceptible.
 
En ''Perspective as Symbolic Form'' (1927), segue a mesma liña de traballo de [[Aby Warburg]], expondo a perspectiva dun punto fixo establecida polo Renacemento como un particular xeito de representación espacial que non se deriva de ningunha configuración visual ou perceptiva humana, nin da realidade obxectiva, senón dunha determinada concepción do mundo. Nas súas propias palabras fai fincapé na "perspectiva", á que dá a categoría de "feliz termo cuñado por [[Ernst Cassirer|Cassirer]]" (non se trata da perspectiva nun cadro, nin da perspectiva pictórica e mesmo escultórica redescuberta no [[Renacemento]] senón da forma predominante de mirada que se ten das cousas en cada época); por isto a [[perspectiva (cognitiva)|perspectiva]] ou calquera outra configuración espacial serve para determinar o particular contido "espiritual" (cultural, intelectual) dun momento dado. Isto enlaza co [[relativismo cultural]] da [[Escola de Viena]]: non hai estruturas visuais obxectivas nin percepcións universais senón particulares construcións realizadas por cada cultura en función da súa visión do mundo ([[Cosmovisión]] ou ''Weltanschauung'' de tipo [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|hegeliano]]).
 
En ''Gothic Architecture and Scholasticism'' (1951), estuda as relacións entre a [[arte gótica]] clásica e o pensamento da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]]: ambos responden ao mesmo “hábito mental”, é dicir, responden a unhas ideas reitoras da cultura que impregnan todas as súas manifestacións. Lémbrese que durante a alta [[Idade Media]], a escolástica latina transformou radicalmente a cosmovisión naturalista grega da que era debedora. Os escolásticos representan o universo como unha entidade de carácter divino evidente en si mesma e polo tanto inalterable e absoluta. Os filósofos escolásticos non pretenderon construír novas teorías sobre a natureza das cousas a partir da investigación ou de coñecementos acumulados, senón explicar as nocións aceptadas pola física da época (sobre todo de [[Platón]] e [[Aristóteles]]) dende a óptica da tradición relixiosa, considerada como valor absoluto). Na práctica da arquitectura levou a sublimar os seus aspectos teóricos. Non interesa o coñecemento técnico senón as leis absolutas (divinas) nas que este debe conformarse. Por iso o construtor medieval, do mesmo xeito que o filósofo non pretendía crear formas novas nin ser orixinal. As analoxías entre a arquitectura e a escolástica son: claridade, totalidade, homologación das partes, aceptación e reconciliación de posibilidades contraditorias e principios retóricos. Da ''manifestatio'' á ''transparencia'', da ''concordantia'' á ''reconciliación entre o contraditorio'' e a diferenza ''razón''-''fe'' a ''espazo exterior-volume interior''.
 
Especial importancia merecen os seus artigos. No seu artigo "''A Historia da arte en canto a disciplina'' ''humanística''", aborda a iconoloxía dende o punto de vista metodolóxico. Partindo do relativismo cultural, di que todo feito está inscrito nunhas coordenadas espaciais e temporais. O papel do espectador, do mesmo xeito que do historiador, nunca é “inxenuo”, senón que se enfronta á obra cuns orzamentos culturais para poder alcanzar o seu “significado”. En canto ao artigo "Iconografía e Iconoloxía: introdución ao estudo da arte do renacemento", nel desenvolve teoricamente o método iconográfico-iconolóxico, é dicir, como o historiador da arte alcanza o significado dunha obra de arte. Trátao en tres pasos: 1º.
* Descrición preiconográfica: O historiador da arte consigna aqueles datos que posúe a obra, fácticos e expresivos. Alcanzado pola nosa percepción. Iso si, ás veces necesítase apelar a maiores coñecementos como o tempo e a cultura dadas na realización da obra. 2º.
* Análise iconográfico: Identificación de imaxes, historias e [[alegoría]]<nowiki/>s. A análise iconográfica implica un método descritivo e non interpretativo e ocúpase da identificación, descrición e clasificación das imaxes. 3º.
* Análise iconolóxica: Verdadeiro obxectivo da análise da obra de arte, dilucidar a significación intrínseca ou contido. Débese prestar atención aos procedementos técnicos, aos trazos de estilo e ás estruturas de composición tanto como aos temas iconográficos.
 
== Notas ==