Gripe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 416:
== Prognóstico ==
 
A maioría das persoas que contraen a gripe recupéranse nunha ou dúas semanas (unha de enfermidade e outra de convalecencia), pero algunhas desenvolven complicacións graves como pneumonía.<ref name=vacunascielo/> Segundo a [[OMS]]: "Cada inverno, dez millóns de persoas contraen a gripe. A maioría só enferman e auséntanse do traballo durante unha semana, pero a poboación anciá presenta un maior risco de complicacións mortais. Sabemos que a cantidade de falecementos anuais é duns centos de miles de individuos, pero mesmo nos países desenvolvidos as cifras son incertas porque as autoridades médicas non adoitan verificar quen morre realmente a consecuencia da gripe e non doutros cadros parecidos".<ref>Peter M. Sandman and Jody Lanard [http://www.paho.org/English/DD/PIN/Number22_article1a.htm "Bird Flu: Communicating the Risk"] 2005 ''Perspectives in Health Magazine'' Vol. 10 issue 2.</ref> Incluso a poboación sa pode verse afectada e a calquera idade poden producirse complicacións graves. O grupo de poboación de persoas por encima dos 50 anos, os nenos pequenos e a poboación de calquera idade con patoloxía crónica teñen maior risco de padecer esas complicacións, como [[pneumonía]], [[bronquite]], [[sinusite]] ou [[otite]].<ref name=CDCkeyfacts>[http://www.cdc.gov/flu/protect/keyfacts.htm Key Facts about Influenza (Flu) Vaccine] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180228111833/https://www.cdc.gov/flu/protect/keyfacts.htm |date=28 de febreiro de 2018 }} CDC publication. Published October 17, 2006. Accessed 18 Oct 2006.</ref>
== Prevención ==
 
Liña 452:
As vacinas contra a gripe son seguras e de cando en cando repórtanse efectos adversos. Os efectos secundarios máis frecuentes son dor, enroxecemento e leve edema no sitio da [[inxección (medicina)|inxección]] (20%), [[cefalea|dor de cabeza]], [[malestar]] e [[Astenia|debilidade xeneralizada]]. Con menos frecuencia observáronse [[mareo]]s e [[hipotensión]]. En 1-2% dos casos hai febre e síntomas constitucionais. Pode causar tamén [[Sistema inmune|reaccións inmunitarias]] que se asemellan a unha infección real polo virus, ou a síntomas xerais de infección (moitos síntomas catarrais ou gripais son, en realidade, síntomas xerais inespecíficos de infección), aínda que dunha maneira leve e transitoria.
 
Os casos máis graves inclúen reaccións [[alerxia|alérxicas]] e [[broncoespasmo]].<ref name="comparacion">MORALES, A., ARIAS SALAZAR, J., SALAZAR, Y. et al. A randomized controlled trial comparing split and subunit influenza vaccines in adults in Colombia. Medicina (B. Aires). [online]. mayo/jun. 2003, vol.63, no.3 [citado 10 setembro de 2008], p.197-204. Disponible en la World Wide Web: [http://www.scielo.org.ar/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0025-76802003000300002&lng=es&nrm=iso]. ISSN 0025-7680.</ref> por reacción fronte a algún dos compoñentes da vacina (residuos das proteínas do ovo ou dos antibióticos empregados para a súa elaboración); non obstante este tipo de reaccións son extremadamente infrecuentes.<ref>[http://www.cdc.gov/flu/about/qa/flushot.htm Questions & Answers: Flu Shot] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20180717062644/https://www.cdc.gov/flu/about/qa/flushot.htm |date=17 de xullo de 2018 }} CDC publication updated 24 de xullo de 2006. Visto 19 de outubro 06.</ref>
=== Hixiene e asepsia no control da infección ===