Diferenzas entre revisións de «Lingua balinesa»

sen resumo de edición
}}
O '''balinés'''<ref>{{DRAG|balinés}}</ref> é unha [[Linguas malaio-polinesias|lingua malaio-polinesia]] falada por preto de 3,3 millóns de persoas (segundo datos de 2000) na illa [[indonesia]] de [[Balí]], así como no norte de [[Nusa Penida]], oeste de [[Lombok]] e leste de [[Xava]].<ref>Ethnologue.</ref> A maioría dos falantes de balinés tamén coñecen o [[Lingua indonesia|indonesio]].
 
No ano 2011, a Axencia Cultural de Balí estimou que o número de persoas que aínda empregan a lingua balinesa no seu día a día na illa de [[Balí]] non supera o millón, xa que nas áreas urbanas os pais ensínanlles ós fillos a [[lingua indonesia]] ou o inglés, mentres que nas institucións e nos medios de comunicación masivos desapareceu completamente. A forma escrita do balinés estase facendo cada vez menos familiar e a maioría dos balineses usan a súa lingua só como un medio de comunicación oral, a miúdo mesturado co indonesio. Nas zonas migratorias fóra da illa de Balí, o balinés emprégase de forma extensiva e xoga un papel importante na supervivencia da lingua.<ref>{{cita web |url=http://www.thejakartapost.com/news/2012/03/30/balinese-language-will-never-die.html |título=Balinese language ‘will never die’ |data=30 de marzo de 2012}}</ref>
 
== Notas ==
232.192

edicións