Manuel Orovio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
=== Ministro ===
Foi ministro de Fomento entre o [[16 de abril]] e o [[21 de xuño]] de [[1865]], e entre o [[10 de xullo]] de [[1866]] e o [[23 de abril]] de [[1865|1868]] en senllos gobernos [[Ramón María Narváez|Narváez]], destacando nesta segunda etapa o seu enfrontamento co estamento académico máis progresista ao emitir unha circular que prohibía calquera ensino contrario á fe católica, á monarquía ou ao sistema político vixente, e que motivou a expulsión das súas respectivas cátedras aos profesores [[Nicolás Salmerón|Salmerón]] e [[Emilio Castelar|Castelar]], entre outros, por medio do desde entón chamado ''[[Decreto Orovio]].'' Posteriormente, entre o [[31 de decembro]] de [[1874]] e o [[12 de setembro]] de [[1874|1875]] foi novamente ministro de Fomento nesta ocasión nun gabinete [[Antonio Cánovas del Castillo|Cánovas]], período que volveu caracterizarse polo seu enfrontamento co profesorado universitario e que supuxo a separación da cátedra de [[Francisco Giner de los Ríos|Francisco Giner dos Ríos]] e o seu confinamento no Castelo de Santa Catalina en [[Cádiz]].<ref>{{Cita web|url=http://www.divulgameteo.es/uploads/Institucionismo-Arcimis.pdf|apelidos=Aitor Anduaga Egaña|título=La regeneración de la astronomía y la la meteorología españolas: Augusto Arcimís (1844-1910) y el institucionalismo}}</ref>
 
Igualmente foi ministro de Facenda entre o [[23 de abril]] e o [[20 de setembro]] de 1868 nun goberno [[Luis González Bravo|González Bravo]]; e entre o [[11 de xullo]] de [[1877]] e o [[19 de marzo]] de [[1880]] nos sucesivos gobernos que presidiron Cánovas, [[Arsenio Martínez-Campos Antón|Martínez Campos]] e novamente Cánovas. Á fronte deste ministerio realizou unha brillante xestión destacando a súa posta ao día do pago dos haberes ás clases dependentes do Tesouro, a eliminación do sistema de préstamos particulares ao Estado, a dotación ao Tesouro de recursos permanentes e adecuados, a mellora da recadación pública e o equilibrio orzamentario.