América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Enerxía: arranxiño
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 83:
Mentres [[Castela]] consolidaba a súa posición na América do Norte meridional, [[Francia]] e [[Inglaterra]] exploraron e colonizaron o subcontinente desde o [[Canadá]] cara ao sur. En xeral, [[Inglaterra]] e [[Castela]] eran aliados en política internacional durante a primeira metade do [[século XVI|século {{Versaleta|xvi}}]], polo que os ingleses non intentaron competir con [[Castela]] en Norteamérica. [[Francia]] (o principal rival de Castela pola hexemonía en [[Europa]]) entrou na carreira colonial con algún atraso, con todo, as súas adquisicións no [[América|Novo Mundo]] foron importantes. Así, en [[1524]], o navegante [[Florencia|florentino]] [[Giovanni da Verrazzano]], ao servizo de [[Francia]], percorreu a costa norteamericana desde o [[cabo Fear]], ao norte, ata o punto no que normalmente se identifica como [[Illa de Cabo Bretón]]. No curso desta viaxe explorou as baías de [[Rhode Island|Narragansett]] e [[Nova York]].<ref>Richard E. Bohlander (editor): ''World Explorers and Discoverers''. [[Nova York]] et al.: Macmillan publishing co. ([[1992]]).</ref> Pola súa banda, o francés [[Jacques Cartier]] realizou tres viaxes entre [[1534]] e [[1542]], e explorou a costa que hai entre o [[Golfo de San Lourenzo]], o [[río San Lourenzo]] e un asentamento de pobos amerindios onde máis tarde se situaria [[Montreal]].<ref>Simon Dresner: ''Rivers of Destiny''. Aldus Books Limited, [[Londres]], [[1971]].</ref><ref>Richard E. Bohlander (editor): ''World Explorers and Discoverers''. Macmillan publishing company, [[Nova York]] et al., [[1992]].</ref> [[Francia]] reivindicou a parte setentrional de América do Norte a partir de todas estas expedicións pero, debido á crise provocada en Francia pola [[Reforma protestante]], os franceses víronse obrigados a suspender a actividade colonial durante máis de medio século. Con todo, desde [[1599]], estableceu postos de comercio de peles ao longo do [[río San Lourenzo]] e, posteriormente, numerosos sacerdotes [[Compañía de Xesús|xesuítas]] franceses chegaron a estas rexións. Entre os máis destacados destes exploradores atópase [[Samuel de Champlain]] (o cal fundou [[Quebec]] en [[1608]] e explorou o territorio onde hoxe se atopa [[Nova York]]),<ref>[http://www.blupete.com/Hist/BiosNS/1600-00/Champlain.htm#rfn2 www.blupete.com] (en inglés)</ref> o misioneiro xesuíta [[Jacques Marquette]] e o navegante [[Louis Jolliet]], os cales percorreron xuntos a parte superior do [[río Mississippi]] e baixaron cara ao sur ata a rexión que hoxe en día ocupa [[Arcansas]].<ref>[http://library.thinkquest.org/J002678F/father_marquette.htm www.library.thinkquest.org] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120814172758/http://library.thinkquest.org/J002678F/father_marquette.htm |date=14 de agosto de 2012 }} (en inglés)</ref><ref>[http://library.thinkquest.org/J002678F/jolliet.htm ThinkQuest] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120325014643/http://library.thinkquest.org/J002678F/jolliet.htm |date=25 de marzo de 2012 }} (en inglés)</ref> O [[1682]], un dos máis destacados pioneiros de Norteamérica [[Robert Cavalier]] e o seu socio, o [[italia]]no [[Henri de Tonty]], percorreron o Mississippi dende a súa unión co [[río Ohio]] ata o [[Golfo de México]], e reclamaron todos os territorios bañados por aquel río para [[Luís XIV de Francia]].<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/l/lasalle.shtml René-Robert Cavelier, Sieur de La Salle: North American Explorer] (en inglés)</ref><ref>[http://www.thecanadianencyclopedia.com/index.cfm?PgNm=TCE&Params=A1ARTA0008041 The Canadian Encyclopedia] (en inglés)</ref> É na súa honra que bautizaron estas terras co nome de [[Luisiana]].<ref>[http://www.babynames.com/name/LOUISIANA BabyNames] (en inglés)</ref>
 
A coroa inglesa reclamou os seus dereitos sobre Norteamérica baseándose na viaxe de [[Xoán Caboto|Giovanni Caboto]] entre [[1497]] e [[1498]], pero durante case un século non fixo ningún intento de [[colonización]]. A primeira colonia inglesa en América do Norte foi fundada en [[1583]] preto da actual cidade de [[Saint John's, Terra Nova e Labrador|Saint John's]] ([[Terra Nova]]) polo navegante e soldado [[Humphrey Gilbert]],<ref>[http://www.enchantedlearning.com/explorers/page/g/gilbert.shtml Sir Humphrey Gilbert: Explorer] (en inglés)</ref> pero os colonizadores volveron a [[Inglaterra]] ese mesmo ano. Noutras dúas ocasións (nos anos [[1585]] e [[1587]]) [[Walter Raleigh]] intentou establecer unha colonia na [[illa de Roanake]] ([[Carolina do Sur]]) pero, cando os exploradores ingleses visitaron Roanoke en [[1591]] non encontraron rastro dos colonos.<ref>[http://statelibrary.ncdcr.gov/nc/ncsites/English2.htm#Find First English Settlement in the New World] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120624235844/http://statelibrary.ncdcr.gov/nc/ncsites/English2.htm#Find |date=24 de xuño de 2012 }} (en inglés)</ref> Non foi ata o ano [[1607]] en que se fundou a primeira colonia inglesa permanente en América do Norte, a de [[Jamestown, Virxinia]].<ref>[http://www.historyisfun.org/Jamestown-Settlement.htm Jamestown Settlement] (en inglés)</ref> Máis tarde foi creada en [[1620]] a colonia de Plymouth, ás beiras da baía do [[Cabo Cod]],<ref>[http://www.plimoth.org/education/teachers/timeline.phpTimeline ofphpTimelineof Plymouth Colony [[1620]] - [[1692]]] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070426131601/http://www.plimoth.org/education/teachers/timeline.php |date=26 de abril de 2007 }} (en inglés)</ref> e a colonia da baía de [[Massachusetts]] estableceuse entre os anos [[1628]] e [[1630]].<ref>[http://colonialancestors.com/ma/colony.htm Massachusetts Colony] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150706132317/http://colonialancestors.com/ma/colony.htm |date=06 de xullo de 2015 }} (en inglés)</ref> Despois de [[1630]], os ingleses colonizaron sistematicamente todo o litoral atlántico entre [[Acadia]] (unha antiga colonia francesa) e [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. O [[1664]] anexionáronse a colonia holandesa de [[Nova Ámsterdan]] (fundada en [[1624]]) e que rebautizaron como [[Nova York]],<ref>[http://www.dinsdoc.com/schoolcraft-1.htm The Capture of New Amsterdam] (en inglés)</ref> e os asentos xunto ao [[río Delaware]] que os holandeses arrebataran aos colonos [[Suecia|suecos]] en [[1655]].<ref>[http://portal.delaware.gov/facts/history/delhist.shtml State of Delaware (A brief history)] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120402082930/http://portal.delaware.gov/facts/history/delhist.shtml |date=02 de abril de 2012 }} (en inglés)</ref>
 
A principios da década de [[1690]], a maior parte de América do Norte (desde [[Canadá]] ata o [[Golfo de México]]) estaba ocupada por [[Francia]] e [[Inglaterra]] . As colonias francesas estaban moi dispersas: os principais asentamentos atopábanse no [[Canadá]] e preto da desembocadura do [[río Mississippi]], mentres que unha liña de postos comerciais e militares, situada ao longo dos cursos fluviais dos ríos [[río Ohio|Ohio]] e [[río Mississippi|Mississippi]], conectaba ambas as rexións.<ref>''The French Founders of North America and Their Heritage'', Sabra Holbrook, Atheneum, [[Nova York]], [[1976]]. ISBN 0-689-30490-0.</ref> As posesións inglesas consistían en doce colonias que se estendían polo litoral atlántico. A decimotercera, [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]], foi incorporada o [[1732]].<ref>[http://www.historywiz.com/georgia.htm The Colony of Georgia] (en inglés)</ref>