Diferenzas entre revisións de «Río Eume»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
No seu percorrido atópanse dous [[encoro]]s: o da [[Encoro da Ribeira|Ribeira]], no concello das Pontes, e o do [[Encoro do Eume|Eume]], entre os concellos das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]] e [[A Capela]] ó norte e [[Monfero]] ó sur.
 
No [[2008]] desviouse unha boa porcentaxe do seu [[caudal]] ata encher o [[Lago das Pontes|novo lago]] que ocupa o furado deixado pola mina de lignito das Pontes, cunha [[extensión]] superior á da cidade da [[A Coruña|Coruña]].<ref>[http://fresqui.com/actualidad/otros/as-pontes-se-prepara-para-albergar-el-mayor-lago-de-galicia/-16659# As Pontes se prepara para albergar el mayor lago de Galicia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190915193630/https://fresqui.com/404 |date=15 de setembro de 2019 }} {{es}}</ref> O lago rematouse de encher en [[2012]].<ref>{{cita novas |url=http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/05/16/feijoo-anuncia-plan-gestion-lago-as-pontes/609281.html |título=Feijóo anuncia el plan para la gestión del lago de As Pontes |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |localización=[[A Coruña]] |data=16/5/2012 |dataacceso=13 de novembro de 2015 |lingua=es}}</ref>
 
Unha morea de caudais de auga máis ou menos longos e caudalosos, verten as súas augas nel. Salientan na marxe dereita o rego de Montouto, preto da capitalidade do concello de [[Muras]], e, xa na provincia da Coruña, o río Maciñeira, o máis longo de todos os afluentes (11&nbsp;km) que verte a escasos metros do Parque de Carbóns da [[Central térmica das Pontes]], o río do Pareiro, que desemboca no Encoro do Eume formando un profundo entrante, e o río Sesín, que na súa confluencia co Eume, e xunto con el, rodea o outeiro onde se ergue o [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro]].<br/>Na marxe esquerda salientan o rego Felgado, que ten as súas fontes en terras de Xermade, o río Chamoselo, cunha ponte medieval preto da súa desembocadura no centro urbano das Pontes. Vertendo as súas augas no [[Encoro do Eume]] despois de 10&nbsp;km de percorrido, está o río Frei Bermuz, o máis caudaloso de todos os afluentes e que forma unha fermosa paraxe natural no lugar da Feira do Dez. En pleno canón do Eume verte o río de San Bartolomé tamén de 10&nbsp;km, cuxo caudal foi aproveitado ata non hai moitas décadas para a produción de [[enerxía hidroeléctrica]] na Central do Parrote. Xa no esteiro, desemboca o [[Río de Covés]].
178.274

edicións