Ludwig Wittgenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 52:
Segundo Waugh, Wittgenstein era un inadaptado na escola; insistía en que os outros nenos se lle de dirixisen coa expresión do alemán formal "Sie", e estaba a miúdo ausente.<ref name=Waugh33/> Monk escribe que os outros nenos burlábanse, cantándolle: ''Wittgenstein wandelt wehmütig widriger Winde wegen Wienwärts'' ("Wittgenstein sae con nostalxia de Viena debido aos ventos adversos").<ref name=Monk15>Monk, pp.14-15.</ref> No seu certificado final de estudos, recibiu unha nota superior só unha vez, 5 en estudos relixiosos, un 2 por conduta e inglés; 3 para francés, xeografía, historia, matemáticas e física; e 4 para o alemán, a química, a xeometría e o debuxo a man alzada. Tiña especial dificultade coa ortografía e suspendeu o exame escrito de alemán por esa causa. Escribiu en 1931: "A miña mala ortografía na mocidade, até a idade duns 18 ou 19, está conectada con todo o resto da miña persoa (a miña febleza no estudo)."<ref name=McGuinness51/>
 
Despois de acabar os estudos secundarios en Linz, estuda [[enxeñaría aeronáutica]] na Technische Hochschule Charlottenburg (actualmente [[Universidade Técnica de Berlín]]); asistiu durante tres semestres, e foi galardoado cun diploma, o 5 de maio de 1908.<ref>Monk, p. 27.</ref> Chegou á [[Universidade de Manchester]] na primavera de 1908 para facer o doutoramento, con moitos plans para proxectos de aeronáutica, incluíndo o deseño e voo co seu propio avión. Levou a cabo investigacións sobre o comportamento das estrelas na atmosfera superior, experimentando nun lugar de observación meteorolóxica, preto de Glossop. Viviu preto de Grouse Inn, nun [[pub]] en Chunal Road, [[Derbyshire]], onde era un dos dous únicos hóspedes. Confesou á súa irmá Hermine que lle gustaba a tranquilidade de Grouse Inn, pero non lle gustaban as condicións dos lavabos.<ref name=Grouse>Monk, p. 29.</ref><ref>[http://www.grouse-inn-glossop.co.uk/history.html "The Grouse Inn"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100623114350/http://www.grouse-inn-glossop.co.uk/history.html |date=23 de xuño de 2010 }}, grouse-inn-glossop.co.uk, consultado o 12 de setembro de 2010.</ref> En Manchester tamén traballou no deseño dun pequeno avión con motores de reacción, que lle valeu unha bolsa de investigación da universidade no outono de 1908 e que patentou en 1911.<ref name=Monk30>Monk, p. 30-35.</ref>
 
Posteriormente, os seus intereses desprazáronse da [[aviación]] aos fundamentos das [[matemáticas]]; a lectura dos ''[[Principia Mathematica]]'', de [[Bertrand Russell|Russell]] e ''Grundgesetze der Arithmetik,'' de [[Gottlob Frege|Frege]],<ref>Gottlob Frege. ''Grundgesetze der Arithmetik'', vol. 1 (1893), vol. 2 (1903).</ref> abríronlle as portas á filosofía.<ref>Beaney, Michael (ed.). ''The Frege Reader''. Blackwell, 1997, p. 194-223, 258-289.</ref> Visitou en [[1911]] a Frege e estudou con Russell, no [[Trinity College (Cambridge)|Trinity College]] de [[Universidade de Cambridge|Cambridge]], durante o curso de [[1912]] a [[1913]]; formou parte do famoso grupo «The Apostles», e coñeceu e tratou tamén a [[George Edward Moore]] e [[John Maynard Keynes|J.M. Keynes]]. Deste período, é coñecido o enorme impacto que a brillantez da súa intelixencia causou en Russell.
Liña 66:
== Contorna relixiosa ==
[[Ficheiro:Wittgenstein Gravestone.jpg|miniatura|Lápida da tumba de Wittgenstein ([[Cambridge]]).]]
Cando abandonou os seus avós paternos, deixou o [[xudaísmo]] para converterse ao [[protestantismo]]; el e a súa familia mudáronse de [[Saxonia]] ([[Alemaña]]) a Viena, onde o pai de Ludwig, Karl Wittgenstein, gañou forza e admiración ao converterse nun dos comerciantes pioneiros da industria do aceiro e do ferro do [[Imperio austrohúngaro]]. A nai de Ludwig converteuse ao [[catolicismo]] e entón el seguiuna, en encuberto desafío ao seu pai,<ref>[http://solotxt.brinkster.net/csn/06filos.htm O mundo de Wittgenstein. A insólita vida dun filósofo] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100913213733/http://solotxt.brinkster.net/csn/06filos.htm |date=13 de setembro de 2010 }}.</ref> aínda que, ao morrer, non tivo un enterro católico, porque nunca practicou o catolicismo.<ref>Cando os seus dous alumnos preferidos, [[Anscombe]] e [[Smythies]], se converteron ao catolicismo, Wittgenstein dixo que non podería crer nas cousas que eles profesaban.</ref>
 
== Pensamento ==