Judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 35:
Resolto a ir buscar un instrutor de ''jūjutsu'', Kano non obtivo éxito nas primeiras tentativas, porque coa caída do [[Shogunato Tokugawa]], durante a [[Restauración Meixi]] de [[1868]], o prestixio das artes marciais diminuíra nun país que viña valorando os costumes occidentais máis cós seus propios. Os vellos mestres, despois de perderen a súa función de guerreiros, foron obrigados a deixar de ensinar e dedicarse a outras actividades para sobrevivir. Algúns simplemente desistiron e abandonaron completamente os valores e o modo de vida tradicional.<ref name="Textbook">{{Cita libro|lingua=inglés|título=The Judo Textbook in Practical Application|autor=Hayward Nishioka|autor2=James R. West|editor=Ohara|localización=Santa Clarita|páxina=176}}</ref>
 
Nakai Umenari, un soldado retirado coñecido do pai de Kano, acordou amosarlle os ''kata'', pero non coa intención de ensinar. O vixilante da casa de seu pai, Ryuji Katagiri, era tamén coñecedor de ''jujutsu'', porén non estaba disposto a ensinar esta arte marcial, se non era para un uso coherente e porque tamén consideraba ao mozo Kano moi inmaturo. Imai Genshiro, do estilo {{nihongo|[[Kyushin-ryu|Kyūshin-ryū]]|扱心流}}), que frecuentaba a residencia da familia Kano, tamén o rexeitou.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|título=History of Judo|url=http://www.marketdraytonjudoclub.co.uk/#!history-of-judo/c44b|dataacceso=28 de febreiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140226064645/http://www.marketdraytonjudoclub.co.uk/#!history-of-judo/c44b|dataarquivo=26 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Despois dalgúns anos de insistente busca, Jigoro Kano coñeceu a Teinosuke Yagi, que fora profesor do estilo [[Tenjin Shinyo-ryu|Tenjin Shinyō-ryū]] ({{lang|ja|天神真杨流}}), de jujutsu, pero que xa non ensinaba. Aínda así, en [[1877]] Yagi consentiu en presentarlle o mestre Hachinosuke Fukuda, tamén do estilo ''Tenjin Shinyō-ryū'', que tiña un pequeno [[dojo|dojō]] onde ensinaba a unha clase de cinco alumnos.<ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=The Judo Handbook|nome=Roy|apelidos=Inman|editor=D&S|localización=New York|páxina=8|ano=2008}}</ref>