Editorial Citania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
de Galiza
Liña 6:
A Editorial Citania fundouse en 1957, coincidindo coa fin do labor de [[Luís Seoane]] en [[Ediciones Galicia]] e nunha situación de afianzamento económico do artista. Nunha carta a [[Francisco Fernández del Riego]], Seoane explicaba que abundaban entre os accionistas xente pobre e que, ademais de traballar gratis, el mesmo invertera parte dos seus aforros. O certo é que a editorial non fóra creada con fins económicos máis lonxe de aumentar o capital inicial para garantir a súa supervivencia.<ref>{{Versaleta|Costa}} (2014) [http://www.memoria.fahce.unlp.edu.ar/trab_eventos/ev.7440/ev.7440.pdf "Luis Seoane y el arte de editar: Rescate de 'Botella al Mar'"] {{Cómpre páxina}}</ref> Na presentación de Citania no programa radiofónico [[Galicia Emigrante]], Seoane falaba das subscricións como principal modo de venda, aínda que o número de subscritos alcanzado será mínimo.
 
O proxecto da Editorial Citania, aínda que naceu sen un programa definido, tivo como propósito promover os autores galegos censurados no país e os exiliados en [[América do Sur|América]]. En plena posguerra, a editorial era unha  continuación do traballo de artistas, escritores e demais personaxes galegos que perseguían a rexeneración e desenvolvemento da cultura e arte dade Galiza tras a [[Guerra civil española]] mediante editoriais (Nova, Emecé, Alborada), programas de radio (Galicia Emigrante, A hora Iberoamericana), traballos xornalísticos etc. Tal e como o dicía Seoane, esta era unha obra ''"de divulgación cultural (...) para engrandecer o nome de Galicia nas repúblicas americanas." "Non se trata dunha empresa interesada en favorecer a este ou a outro núcleo partidista da colectivididade, a un ou a outro ideal. Trátase dunha empresa que non ten máis programa que o de facer coñecer entre propios e estranos o espíritu de Galicia".'' <ref>{{Versaleta|Gerhardt}} (2015). [http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 "Asociacionismo gallego y mercado del libro en la Buenos Aires del medio siglo: dos proyectos editoriales de Luís Seoane"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20181230234117/http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/viewFile/48569/4537 |date=30 de decembro de 2018 }}</ref>
 
Como moitas das editoriais galegas no exilio{{Cómpre referencia}}, Citania viu o seu fin en 1959 (nun contexto, ademais, de declive do ámbito editorial) debido as escasas vendas das súas publicacións de literatura galega, sen fixar un mercado autóctono americano ou inmigrante. Seoane dirixíase así a Díaz Dorado: ''“languidece, a pesar de nuestros esfuerzos”'' <ref>[http://epistolarios.consellodacultura.gal/ramon-pineiro/tematicas.php?tematica=3314&a=3099&d=3708 As cartas de Ramón Piñeiro sobre a Editorial Citania]{{Ligazón morta|data=outubro de 2018 }}</ref>.
Liña 13:
 
== Coleccións e publicacións ==
En Citania foron publicadas un total de 17 obras, oito en galego e once en castelán, as cales foron publicadas en cinco coleccións a excepción de Poemas para mi retorno, de [[Víctor Luis Molinari]] e Figurando recuerdos, de Luis Seoane. A colección “Martín Sarmiento” foi focada a cuestións económicas e xurídicas dade Galiza; “Idacio”, ensaio; na colección “Mestre Mateo”, publicáronse obras de narrativa e teatro; “O Dolmen de Dombate” estaba destinada á temática cultural do país; a colección “Herba de Namorar” recollía a lírica.
 
Nas catro coleccións pódense recoñecer características do proxecto do Centro Lucense, ideado en 1950 por Díaz Dorado e Seoane e rexeitado (Axeitos y Seoane 1994: 21-22). Deste modo reaparecen as coleccións “Idacio”, “Mestre Mateo”, e “Herba de namorar”. Tamén cabe salientar a exclusividade do [[Lingua galega|galego]] nas dúas últimas coleccións mencionadas, que en 1950 Seoane e Díaz Dorado consideraran para a editorial do Centro. Así mesmo, contemplábase a posibilidade de publicar reedicións, que será o caso de ''A fiestra valdeira'' de Rafael Dieste. Por último, o método de venda co que a editorial pretendía era mediante subscrición (“un mínimo de mil subscritores”, Seoane 1989: 427), de igual modo que no centro.