A Pobra do Caramiñal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref
Sen resumo de edición
Liña 129:
 
== Toponimia ==
O nome ''Pobra'' vén dun derivado regresivo do verbo ''pobrar ''(lat. POPULARE), moderno ''poboar''. Na [[Idade Media]] existían as variantes ''Pobla'' (a máis antiga), ''Pobra,'' ''Povra ''e ''Prova'', e posteriormente sufriu un proceso de castelanización, ata que a finais do século XX, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia regularizou os nomes dos tres concellos galegos que portan este elemento como ''Pobra''.<ref>Boullón Agrelo, Ana Isabel (1991): “Ó redor do topónimo ''Pobra'': estado da cuestión e novos datos”, ''[[Cadernos de Lingua]]'' 3, pp. 15-24.</ref>
 
En canto á segunda parte do nome, crese que o nome ''Caramiñal'' provén da planta da [[camariña]] <ref>Denominada localmente ''caramiña''.</ref> (''Corema album''), moi abundante antigamente en toda a zona e hoxe moi difícil de localizar e que tamén dá nome a outra localidade galega, [[Camariñas]].