IES Eusebio da Guarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato referencias
Elisardojm (conversa | contribucións)
de Galiza
Liña 34:
 
==Historia==
En 1845 creáronse os institutos de [[Santiago de Compostela|Santiago]], [[Ourense]] e [[Pontevedra]]. Destes, o que estaba máis preto da cidade era o de Santiago. O plano de ensino proxectaba un instituto en cada capital de provincia. En 1848 creouse outro instituto en [[Monforte de Lemos|Monforte]]. A construción do instituto apróbase finalmente en 1862. Entón a cidade era a máis poboada dade Galiza con 27.000 habitantes. En Santiago estudaban 300 alumnos no instituto e a previsión para o da Coruña era duns 50.<ref>{{cita novas|url=https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/11/14/embrion-ensenanza-secundaria/664336.html|título=El embrión de la enseñanza Secundaria|data=14 de novembro de 2012|autor=Miguel Rodríguez|xornal=La Opinión de A Coruña|lingua=es}}</ref>
 
A primeira sede do instituto da Coruña foi o pazo dos marqueses de Camarasa na rúa Ferrerías. Na cidade había estudos de Náutica, Comercio, [[Belas Artes]] e [[Bacharelato]]. En 1881 Eusebio da Guarda ofrece un millón de pesetas ao concello para a construción dun novo instituto no lugar ocupado polo antigo baluarte de Caramanchón, contiguo ao barrio da Peixería. O Estado debera ceder os terreos. O edificio foi deseñado polo arquitecto [[Faustino Domínguez Coumes-Gay]].