Xogo do pau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
de Galiza
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 3:
O '''xogo do pau''' (en [[Lingua portuguesa|portugués]] ''jogo do pau'') é un tipo de combate tradicional galego e portugués, unha [[artes marciais|arte marcial]]. En Portugal o seu uso está codificado, mentres que en Galiza está testemuñado en cantigas, contos e outras formas de acervo popular oral, así como nas testemuñas de persoas de idade que o practicaran na súa infancia e xuventude.
 
==Historia do Xogoxogo do Pau==
En moitas sociedades a [[espada]] desenvolveuse como unha arma á que lle atribuían un carácter sagrado, de xeito que só podían levala e empregala os nobres guerreiros. Ao pobo prohibíaselle usar dela, polo que tiña que desenvolver métodos de combate alternativos, ás mans ou con ferramentas e trebellos das angueiras diarias. Quen estea familiarizado coa historia do xurdimento do [[karate]] (que significa ''ás mans'' en [[xaponés]]) en Oquinava, sabe que se desenvolveu en paralelo ao [[kobudo]], que inclúe técnicas de uso de [[fouce]]s, paus ou [[mallo]]s. Era este arsenal o que podían usar os labregos ou os mariñeiros para rexeitaren os ataques dos [[samurai]]s, que viñan armados con [[catana]]s e outros artefactos bélicos. Tamén en [[Portugal]] e en [[Galiza]] apareceu un sistema de loita tradicional que empregaba os [[caxato]]s que usaban os labregos e os pastores, e que se coñeceu por ''jogo do pau'', se ben aquí o termo se refire non tanto á brincadeira como ao manexo ou á técnica.