Metabolito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios + cda
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''metabolito'''<ref>{{DiGalego|42489}}</ref><ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 12. Páxina 62. Metabolito. ISBN 84-7680-288-9 (da obra); 84-7680-300-1 (do tomo)</ref><ref>Vocabulario de Química. 2002. Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. [http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/terminoloxia/descargas/quimica.pdf metabolito]</ref> ou '''metabólito''' é un [[materia orgánica|composto orgánico]] intermediario ou produto do [[metabolismo]]. O termo resérvase xeralmente para moléculas orgánicas pequenas ou para [[monómero]]s, por oposición ás [[macromolécula]]s. Así, a [[glicosa]] é un metabolito, contrariamente ao [[glicóxeno]], que é un [[polisacárido]] de elevado peso molecular. O termo úsase principalmente en bioquímica, bioloxía celular e farmacoloxía.
 
Os metabolitos orixínanse uns a partir dos outros en cadeas de reaccións chamadas [[vía metabólica|vías metabólicas]], catalizadas por [[encima]]s. O [[metaboloma]] é o conxunto de metabolitos da célula, que forma unha ampla rede de rutas metabólicas interrelacionadas. Diversas enfermidades xenéticas poden facer que non funcione correctamente un encima dalgunha vía metabólica e se acumule algún metabolito desa vía, o que produce os síntomas ou serve para o diagnóstico.