Tirabeque: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
|}}
[[Ficheiro:Sautéed snow pea shoots, Mayflower Restaurant.jpg|miniatura|esquerda|Rebentos de tirabeques salteados, un prato popular chinés]]
O '''tirabeque'''<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=tirabeque}}</ref> ('''''Pisum sativum'' var. ''saccharatum''''') é unha variedade botánica de [[ervella]] caracterizada por que se lle come toda a vaíña ou casula cando aínda está inmatura, e noutras rexións, como na China tamén os rebentos tenros da planta.<ref>[http://chinesefood.about.com/od/vegetablesrecipes/ig/Chinese-Vegetables-Pictures/Snow-Pea-Shoots.htm "A Variety of Unique Chinese Vegetables. From Bitter Melon to Silk Squash"], Rhonda Parkinson, ''The Spruce Eats'', 27-06-2019, {{en}}</ref> En [[Lingua inglesa|inglés]] chámanse ''snow pea'' e ''snap pea'' (a variedade coa vaíña arredondada) e en [[Lingua francesa|francés]] (ambas as dúas variedades indistintamente): '''mangetout''' e ''pois gourmand''.
 
É nativa da conca do Mediterráneo e Asia, e adoitan consumirse frescas ao principio da primavera.
En Galiza e outras zonas peninsulares, especialmente en [[Aragón]], [[País Valenciano]] e [[Cataluña]],<ref>[https://revistasentir.com/es/tirabeques/ "Tirabeques"], ''Revista Sentir'', {{es}}</ref><ref>[https://www.ccma.cat/catradio/receptes-amb-tirabecs-els-pesols-que-es-mengen-sencers/noticia/2900589/ "Receptes amb tirabecs, els pèsols que es mengen sencers"], Toni Massanés, ''CatRàdio'', 1-02-2019, {{ca}}</ref><ref>[http://paisvalenciaseglexxi.com/2019/10/22/olles-i-verdures/ "Olles i verdures"], Sal·lus Herrero, ''País Valencià s. XXI'', {{ca}}</ref> son verduras coñecidas que se poden cociñar de diversos xeitos, en sopas, fervidas, frixidas etc.
 
Seméntanse polo outono ou no inverno e a colleita é dende finais do inverno ao comezo da primavera. O nome inglés de ''snow pea'' (''ervella de neve'') refírese ao feito de que se apaña neles cando aínda pode haber neve. A planta nova resiste xeadas de até -4&nbsp;°C aproximadamente. Hai variedades de emparrar.