Diferenzas entre revisións de «Twiggy»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
A finais dos [[década de 1970|setenta]] decidiu retirarse do mundo da moda. Porén, seguiu traballando no mundo do espectáculo como por exemplo no cine, onde alcanzou o recoñecemento internacional. De feito, chegou a gañar, en 1971, dous [[Premios Globo de Ouro|Globos de Ouro]], como Mellor actriz de comedia ou musical e como Nova estrela do ano, e na súa filmografía conta con máis dunha vintena de películas, destacando títulos como ''Club Paradise'' (1986) e ''[[Os Blues Brothers]]'' (1980).</span>
 
Ademais, e sen deixar de sorprender, deixou claro que é unha muller polifacética, xa que tamén gravou varios discos ("When I Think of You", ''Twiggy'' ou ''Please Get My Name Right'') e hai varios libros sobre a súa persoa, entre os que destaca "Twiggy: How I Probably Just Came Along on a White Rabbit at the Right Time and Met the Smile on the Face of the Tiger" (en galego: "Como probablemente me atopei cun coello branco no momento adecuado e vin o sorriso na cara do tigre"), o cal foi vendido con Twiggy como autora, cando en verdade foi escrito por un periodista estadounidense.<ref>[{{Cita web |url=http://twiggylawson.co.uk/furtherreading.html |título=Bibliografía de Twiggy na súa páxina oficial] |data-acceso=27 de abril de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150425232216/http://www.twiggylawson.co.uk/furtherreading.html |dataarquivo=25 de abril de 2015 |urlmorta=si }}</ref>
 
Non obstante, a súa atafegada carreira permitiulle formar unha familia. Tras manter unha longa relación amorosa co seu director, casou en [[1977]] co actor Michael Whitney. Desa relación naceu a súa única filla, Carly. Desgraciadamente, Michael faleceu en [[1983]] vítima dun ataque ó corazón. Cinco anos despois, Twiggy refixo a súa vida e casou con outro actor, o inglés Leigh Lawson, con quen vive en [[Inglaterra]].
En 1998 sorprendeu a todos cando participou nun dueto con [[Jeordie White|Twiggy Ramirez]], baixista de [[Marilyn Manson]], realizando unha versión da canción de [[Dusty Springfield]], "I only want to be with you". De feito, Ramirez utiliza este sobrenome na súa honra.
 
No 2009 Twiggy anunciou na súa páxina web que a organización "British Rose Breeders and Growers and Harkness Roses" creara unha nova especie de rosa, que recibiu o seu nome en honor ó aniversario número 60 da modelo. A cerimonia tivo lugar o día 11 de xuño de 2009. Twiggy publicou na súa páxina web un comunicado que dicía: "Estaba marabillada e honrada cando Marilyn de Roses UK se puxo en contacto comigo para propoñerme nomear unha rosa en honor ó meu aniversario. Adoro as rosas, especialmente as recendentes, e teño algunhas belezas no meu xardín. Foi moi divertido axudar a escoller a cor, forma e fragrancia e estou ansiosa por ''coñecer'' a miña rosa a próxima semana".<ref>[{{Cita web |url=http://www.twiggylawson.co.uk/news.html A |título="Rosa Twiggy" nas noticias do seu sitio oficial] |data-acceso=27 de abril de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150419080513/http://www.twiggylawson.co.uk/news.html |dataarquivo=19 de abril de 2015 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Bibliografía ==
182.533

edicións