Tilacoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Scheme Chloroplast-gl.svg|miniatura|350px|Tilacoides (discos e láminas verdes) no interior dun cloroplasto. (A membrana externa do cloroplasto non é verde, aínda que se mostre no debuxo; o verde está nos tilacoides).]]
Un '''tilacoide''' (do grego ''thylakos'', saco, bolsa) é un compartimento limitado por membranas situado dentro dos [[cloroplasto]]s das [[planta]]s e [[alga]]s e no interior das [[cianobacteria]]s. Os tilacoides son o lugar onde teñen lugar as reaccións da [[fase luminosa]] da [[fotosíntese]]. Os tilacoides constan dunha '''membrana tilacoidal''' que limita un espazo chamado '''lume tilacoidal'''. Os tilacoides dos cloroplastos xeralmente forman moreas de discos membranosos, e cada unha destas moreas recibe o nome de '''granum''',<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.|autor= Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo.|ano= 2010|editorial= Xunta de Galicia|páxina=90| isbn= 978-84-453-4973-1| url=https://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf}}</ref> que en plural latino é '''grana''', polo que os '''tilacoides da grana''' son os que están formando ditas moreas de discos. Cada granum está conectado con outros por outros tilacoides máis longos e non amontoados chamados '''tilacoides estromáticos''', '''tilacoides intergranais''' ou '''lamelas''', que interconectan todos os tilacoides formando un espazo intratilacoidal funcional continuo único.
 
==Estrutura do tilacoide== <!--Varias páxinas están redireccionadas aquí-->