Diferenzas entre revisións de «Peptidoglicano»

sen resumo de edición
{{Non confundir|proteoglicano}}
[[Ficheiro:Peptidoglycan en.svg|miniatura|300 px|Peptidoglicano.]]
O '''peptidoglicano''',<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés.|autor= Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo.|ano= 2010|editorial= Xunta de Galicia|páxina=133| isbn= 978-84-453-4973-1| url=https://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf}}</ref> tamén chamado '''mureína''', é un [[polímero]] formado por [[carbohidrato|azucres]] e [[aminoácido]]s que forma unha capa que rodea a [[membrana plasmática]] da maioría das [[bacteria]]s (pero non das [[arquea]]s) e que constitúe a súa [[parede celular]]. O compoñente carbohidrato do peptidoglicano é un hetero[[polisacárido]] formado por residuos alternantes dos [[monosacárido]]s [[N-acetilglicosamina|''N''-acetilglicosamina]] e [[ácido N-acetilmurámico|ácido ''N''-acetilmurámico]], unidos entre si por [[enlace glicosídico]] β-(1,4). As cadeas deste heteropolisacárido dispóñense paralelamente. Unido ao ácido ''N''-acetilmurámico está o compoñente aminoacídico, que é un [[péptido]] de tres a cinco aminoácidos. Esta cadea peptídica pode establecer enlaces cruzados cos péptidos doutras cadeas do heteropolisacárido, formando unha capa reticular tridimensional.<ref>[http://pharmaxchange.info/press/2011/03/animation-of-synthesis-of-peptidoglycan-layer/ Animation of Synthesis of Peptidoglycan Layer]</ref>
 
Algunhas [[Archaea]] teñen unha capa bastante similar pero de [[pseudopeptidoglicano]] ou [[pseudomureína]], na que os residuos de azucres están unidos por enlaces glicosídicos β-(1,3) e os azucres que a forman son a ''N''-acetilglicosamina e a [[ácido N-acetiltalosaminurónico|ácido ''N''-acetiltalosaminurónico]]. Isto explica que a parede das arqueas sexa insensible á [[lisozima]], que ataca ao peptidoglicano.<ref>Madigan, M. T., J. M. Martinko, P. V. Dunlap, and D. P. Clark. Brock biology of microorganisms. 12th ed. San Francisco, CA: Pearson/Benjamin Cummings, 2009.</ref>
177.966

edicións