Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos varios
arranxiños varios
Liña 37:
}}
{{Imperio Bizantino}}
O '''Imperio Bizantino''' (chamado tamén, '''Imperio Romano de Oriente''') foi un [[imperio]] [[Cristianismo|cristián]] [[Idade Media|medieval]] de cultura [[lingua grega|grega]] cuxa capital estaba en [[Constantinopla]] ou [[Bizancio]] (actual [[Istambul]]). Abarcaba todo o [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] oriental, pero co tempo foi sufrindo importantes reducións territoriais.
 
Non hai un consenso xeral en canto á data de inicio do Imperio Bizantino. Para algúns autores a data clave é a fundación de Constantinopla no ano [[330]], en tanto que outros estudosos consideran como acta de nacemento do Imperio Bizantino a morte de [[Teodosio I]], en [[395]], cando o Imperio Romano foi definitivamente dividido en dúas metades, oriental e occidental. Outros pensan que pode falarse con propiedade de Imperio Bizantino a partir do momento en que foi deposto o último emperador romano de Occidente, [[Rómulo Augústulo]] ([[476]]).
Liña 47:
"Imperio Bizantino" é un termo moderno que lles resultaría estraño aos seus contemporáneos. O nome orixinal do Imperio en grego era ''Romania'' (Ρωμανία) ou ''Basileía Romaíon'' (Βασιλεία Ρωμαίων), tradución directa do nome en [[latín]] do Imperio Romano, ''Imperium Romanorum''.
 
A expresión "Imperio Bizantino" (de Bizancio, antigo nome de Constantinopla) é unha creación do historiador [[Alemaña|alemán]] [[Hieronymus Wolf]], quen en [[1557]] - un século despois da [[caída de Constantinopla]] - o utilizou na súa obra ''Corpus Historiae Byzantinae'' para designar este período da historia en contraposición coas culturas [[Grecia Antigaantiga|grega]] e [[Roma Antigaantiga|romana]] da Antigüidade clásica. O termo non se fixo de uso frecuente ata o [[século XVII]], cando foi popularizado por autores franceses, como [[Montesquieu]].
 
O éxito do termo pode gardar certa relación co histórico rexeitamento de occidente a ver no Imperio Bizantino ao herdeiro lexítimo de Roma, polo menos desde que, no [[século IX]], [[Carlomagno]] e os seus sucesores esgrimiron o documento apócrifo coñecido como "[[Doazón de Constantino]]" para se proclamaren, coa conivencia do [[Papa|Papado]], emperadores romanos. Desde esta época, o título ''Imperator Romanorum'' (emperador dos romanos) quedou reservado aos soberanos do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], mentres que o emperador de Constantinopla era chamado ''Imperator Graecorum'' (emperador dos gregos), e os seus dominios, ''Imperium Graecorum'', ''Graecia'', ''Terra Graecorum'' ou mesmo ''Imperium Constantinopolitanus''.
 
A palabra "bizantino" adquiriu despois un sentido pexorativo, como sinónimo de "decadente", debido á obra de historiadores como [[Edward Gibbon]], [[William Lecky]] ou o propio [[Arnold Joseph Toynbee|Arnold J. Toynbee]], quen, comparando a civilización bizantina coa Antigüidade clásica, viron a historia do Imperio Bizantino como un prolongado período de decadencia. Influíu seguramente tamén nesta apreciación o punto de vista dos [[Cruzadas|cruzados]] dos reinos de [[Europa Occidental|Europa occidental]] que visitaron o imperio desde finais do [[século XI]].
 
En [[lingua galega|galego]] utilízase a expresión «discusión bizantina» para referir a unha disputa sobre cuestións carentes de verdadeira importancia, seguramente baseada nas interminábeis controversias [[teoloxía|teolóxicas]] sostidas polos intelectuais bizantinos.
Liña 68:
=== Historia temperá ===
 
En tanto que o Imperio de Occidente se afundiu de forma definitiva, os sucesores de Teodosio foron capaces de conxurar as sucesivas invasións de pobos bárbaros que ameazaron o Imperio de Oriente. Os visigodos foron desviados cara a Occidente polo emperador [[Arcadio]] (395-408). O seu sucesor, [[Teodosio II]] (408-450) reforzou as murallas de Constantinopla, facendo dela unha cidade inexpugnábel (de feito, non sería conquistada por tropas estranxeiras ata [[1204]]), e logrou evitar a invasión dos [[hunos]] mediante o pago de tributos ata que se disgregaron e deixaron de representar un perigo trala morte de [[Atila]], en [[453]]. Pola súa banda, [[Zenón, Emperador|Zenón]] (474-491) evitou a invasión do [[Ostrogodos|ostrogodo]] [[Teodorico o Grande|Teodorico]], dirixíndoo cara a [[Italia]].
 
A unidade relixiosa foi ameazada polas [[herexía]]s que proliferaron na metade oriental do Imperio, e que puxeron de relevo a división en materia doutrinal entre as catro principais sedes orientais: Constantinopla, [[Antioquía]], [[Xerusalén]] e [[Alexandría]]. Xa en [[325]], o [[Primeiro Concilio de Nicea|Concilio de Nicea]] condenara o [[arianismo]] que negaba a divindade de [[Cristo]]. En [[431]], o [[Concilio de Éfeso]] declarou herético o [[nestorianismo]]. A crise máis duradeira, con todo, foi a causada pola herexía [[monofisismo|monofisita]] que afirmaba que Cristo só tiña unha natureza, a divina. Aínda que foi tamén condenada polo [[Concilio de Calcedonia]], en [[451]], gañara numerosos adeptos, sobre todo en [[Historia de Exipto|Exipto]] e [[Historia de Siria|Siria]], e todos os emperadores fracasaron nos seus intentos de restabelecer a unidade relixiosa. Neste período iníciase tamén a estreita asociación entre a Igrexa e o Imperio: [[León I, Emperador|León I]] (457-474) foi o primeiro emperador coroado polo [[patriarca de Constantinopla]].
 
A finais do [[século V]], durante o reinado do emperador [[Anastasio I, Emperador|Anastasio I]], o perigo que supoñían as [[invasións bárbaras]]xermánicas parece definitivamente conxurado. Os pobos xermánicos, xa asentados no desaparecido Imperio de Occidente, están demasiado ocupados consolidando as súas respectivas monarquías como para interesárense por Bizancio.
 
=== A época de Xustiniano ===
Liña 80:
Durante o reinado de [[Xustiniano I|Xustiniano]] ([[527]]-[[565]]), o Imperio chegou ao apoxeo do seu poder. O emperador propúxose restaurar as fronteiras do antigo Imperio Romano, para o que emprendeu unha serie de guerras de conquista en Occidente:
 
* Entre [[533]] e [[534]] un exército ao mando do xeneral [[Belisario]] conquistou o reino dos [[vándalos]], na antiga [[África Proconsular (provincia romana)|provincia romana de África]]. O territorio, unha vez pacificado, foi gobernado por un funcionario denominado ''magister militum''.
* Entre [[535]] e [[536]], Belisario arrebatou aos [[ostrogodos]] [[Sicilia]] e o sur de Italia, chegando ata Roma. Tras unha breve recuperación dos ostrogodos ([[541]]-[[551]]), un novo exército bizantino, comandado esta vez por [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]], anexionou de novo Italia ao Imperio.
* En [[552]] os bizantinos interviñeron en disputas internas da [[Hispania visigoda]] e anexionaron ao Imperio extensos territorios do sur da Península Ibérica, chamándoa [[Provincia de Spania]]. A presenza bizantina en Hispania prolongouse ata o ano [[620]].
Liña 97:
==== As ameazas exteriores ====
{{Historia de Grecia}}
O século VII comeza coa crise provocada pola espectacular ofensiva do monarca [[Imperio Sasánida|sasánida]] [[Cosroes II]], que coas súas conquistas en Exipto, [[Siria]] e [[Asia Menor]], chegou a ameazar a existencia mesma do Imperio. Esta situación foi aproveitada por outros inimigos de Bizancio, como os [[ávaros]] e [[poboPobos eslavoeslavos|eslavos]], que puxeron sitio a Constantinopla en [[626]]. O emperador [[Heraclio]] foi quen, tras unha guerra longa e esgotadora, de conxurar este perigo, rexeitando o asalto de ávaros e eslavos, e derrotando definitivamente aos persas en [[628]].
 
Con todo, apenas uns anos despois, entre [[633]] e [[645]], a fulgurante expansión do Islam arrebata para sempre ao Imperio, exhausto pola guerra contra Persia, as provincias de Siria, [[Palestina]] e Exipto. A mediados do século VII, as fronteiras estabilizáronse. Os árabes continuaron presionando, chegando ata a ameazar a capital, pero a superioridade naval bizantina, reforzada pola súa magníficas fortificacións navais e o seu monopolio do "[[lume grego]]" (un produto químico capaz de arder baixo a auga) salvou a Bizancio.
Liña 123:
==== A política exterior ====
 
Durante estes anos, a crise en que se ve sumido o [[abbásida|califato abbásida]], principal inimigo do imperio en oriente, debilita considerabelmente a ofensiva islámica. Con todo, os novos estados [[Musulmán|musulmáns]] que xurdiron como resultado da disolución do califato, principalmente os [[aglabí]]s do norte de África e os [[fatimí]]s de Exipto, loitaron duramente contra os bizantinos pola supremacía no Mediterráneo oriental. Ao longo do século IX, os musulmáns arrebataron definitivamente Sicilia ao imperio. [[illa de Creta|Creta]] xa fora conquistada polos árabes no ano 824. O [[século X]] foi unha época de importantes ofensivas contra o islam, que permitiron recuperar territorios perdidos moitos séculos antes: [[Nicéforo II|Nicéforo Focas]] (963-969) reconquistou o norte de Siria, incluíndo a cidade de Antioquía (969), así como as illas de Creta (961) e [[Chipre]] (965).
 
O grande inimigo occidental do Imperio durante esta etapa foi o [[Imperio búlgaro|Estado búlgaro]]. Convertida ao cristianismo a mediados do século IX, Bulgaria alcanzou o seu apoxeo en tempos do [[tsar]] [[Simeón I de Bulgaria|Simeón]] (893-927), educado en Constantinopla. Desde 896 o Imperio estivo obrigado a pagar un tributo a Bulgaria, e, en 913, Simeón estivo a piques de atacar a capital. Á morte deste monarca, en 927, o seu reino comprendía boa parte de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e de [[Tracia]], xunto con [[Serbia]] e [[Albania]]. O poder de Bulgaria foi con todo declinando durante o século X, e, a principios do século seguinte, [[Basilio II]] (976-1025), chamado ''Bulgaróctonos'' ("matador de búlgaros") invadiu Bulgaria e anexionouna ao imperio, dividíndoa en catro ''themata''.
 
[[Ficheiro:Map Byzantine Empire 1025-gl.svg|centro|800px|O Imperio bizantino á morte de Basilio II]]
 
Un dos feitos máis decisivos, e de efectos máis duradeiros, desta época foi a incorporación dos [[pobo eslavo|pobos eslavos]] á órbita cultural e relixiosa de Bizancio. Na segunda metade do século IX, os [[monxe]]s de [[Tesalónica]] [[Metodio]]Cirilo e [[CiriloMetodio]] foron enviados a evanxelizar [[Moravia]] a petición do seu monarca, [[Ratislao]]. Para levar a cabo a súa tarefa crearon, partindo do dialecto eslavo falado en Tesalónica, unha lingua literaria, o [[antigo eslavo eclesiástico]] ou litúrxico, así como un novo alfabeto para poñela por escrito, o [[alfabeto glagolítico]] (logo substituído polo [[alfabeto cirílico]]). Aínda que a misión en Moravia fracasou, a mediados do século X produciuse a conversión do [[principado de Kiev]], quedando así baixo a influencia de Bizancio un estado de extensión moito maior que o propio imperio.
 
As relacións con occidente foron tensas desde a coroación de [[Carlomagno]] (800) e as pretensións dos seus sucesores ao título de emperadores romanos e ao dominio sobre Italia. Durante toda esta etapa, malia a perda de Sicilia, o imperio seguiu tendo unha enorme influencia no sur da península itálica. As tensións con [[Odón I, Emperador|Odón I]], quen pretendía expulsar aos bizantinos de Italia, resolvéronse mediante o matrimonio da princesa bizantina [[Teófano Skleraina|Teófano]], sobriña do emperador bizantino [[Xoán Tzimiscés]], con [[Odón II, Emperador|Odón II]].
Liña 144:
 
[[Ficheiro:Manuelcomnenus.jpg|miniatura|esquerda|100px|Emperador '''Manuel I Comneno''' (1143-1180)]]
Tralo período de esplendor que supuxo o renacemento macedónico, na segunda metade do século XI comezou un período de crise, marcado pola crecente [[feudalismo|feudalización]] do Imperio e a súa debilidade ante a aparición de dous poderosos novos inimigos: os [[selxúcidasImperio Selxúcida|turcos selxúcidas]] e os reinos cristiáns de Europa occidental.
 
Na fronteira oriental, os turcos [[selxúcidas]], que ata o momento centraran o seu interese en derrotar ao Exipto [[fatimí]], empezaron a facer incursións en Asia Menor, de onde procedía a maior parte dos soldados do Imperio. Coa inesperada derrota na [[batalla de Manzikert]] ([[1071]]) do emperador [[Romano IV Dióxenes]] a mans de [[Alp Arslan]], sultán dos turcos selxúcidas, terminou a hexemonía bizantina en Asia Menor. Os intentos posteriores dos emperadores Comnenos por reconquistaren os territorios perdidos revelaranse sempre infrutuosos. Máis aínda, un século despois, [[Manuel I Comneno]] sufriría outra humillante derrota fronte aos selxúcidas en [[batalla de Miriocéfalo|Myriokephalon]] en [[1176]].
 
En Occidente, os [[normandos]] expulsaron de Italia aos bizantinos nuns poucos anos (entre 1060 e 1076), e conquistaron [[Dyrrachium]], en [[Iliria]], desde onde pretendían abrirse camiño ata Constantinopla. A morte de [[Robert Guiscard|Roberto Guiscardo]] en 1085 evitou que estes plans se levasen a efecto. Con todo, poucos anos despois, a [[Primeira cruzada|Primeira Cruzada]] converteuse nun quebradizo de cabeza para o emperador [[Aleixo I Comneno]]. Discútese se foi o propio emperador o que solicitou a axuda de Occidente para combater contra os turcos. Aínda que teoricamente se comprometeron a poñeren baixo a autoridade de Bizancio os territorios sometidos, os cruzados terminaron por establecer varios Estados independentes en [[principado de Antioquía|Antioquía]], Edesa, Trípoli e [[reino de Xerusalén|Xerusalén]].
 
Os alemáns do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] e os normandos de Sicilia e o sur de Italia seguiron atacando o Imperio durante o [[século XII]]. As cidades-estado e repúblicas italianas como [[República de Venecia|Venecia]] e [[República de Xénova|Xénova]], ás cales Aleixo concedera dereitos comerciais en Constantinopla, convertéronse nos obxectivos de sentimentos antioccidentais debido ao resentimento existente cara aos francos ou latinos. Aos venecianos en especial lles importunáronlles moito as devanditas manifestacións do pobo bizantino, tendo en conta que a súa frota de barcos era a base da mariña bizantina.
Liña 154:
[[Ficheiro:Bizancio1204.jpg|300px|miniatura|dereita|A situación na primeira metade do [[século XIII]].]]
 
[[Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Federico I Barbarroxa]] (emperador do Sacro Imperio Romano) intentou conquistar sen éxito o Imperio durante a [[Terceira cruzada|Terceira Cruzada]], pero foi a [[Cuarta Cruzadacruzada|cuarta]] a que tivo o efecto máis devastador sobre o Imperio Bizantino en séculos. A intención expresa da cruzada era conquistar Exipto e os bizantinos, crendo que non había posibilidades de venceren a [[Saladino]] ([[sultán]] de Exipto e Siria e principal inimigo dos cruzados instalados en [[Terra Santa]]), decidiron manterse neutrais. A reticencia bizantina a implicarse na Cruzada, a toma do control da expedición por parte dos venecianos posto que os seus dirixentes non podían pagar o transporte das tropas e a cobiza por parte dos xefes cruzados dos tesouros de Constantinopla fixeron que os cruzados tomasen por asalto Constantinopla en [[1204]], dando orixe ao efémero [[Imperio Latino]] (1204-1261). Por primeira vez desde a súa fundación por Constantino, máis de 800 anos antes, a cidade fora tomada por un exército estranxeiro. O poder bizantino pasou a estar permanentemente debilitado. Neste tempo, o reino serbio, baixo a dinastía [[Nemanjic]], fortaleceuse aproveitando o derrube de Bizancio, iniciando un proceso que culminaría cando en [[1346]] se constituíu o [[Imperio Serbio]].
 
Tres Estadosestados gregos herdeiros do Imperio Bizantino permaneceron fóra da órbita do recentemente creado Imperio Latino: o [[Imperio de Nicea]], o [[Imperio de Trebisonda]], e o [[Despotado de Epiro]]. O primeiro, controlado pola [[Dinastía Paleólogo]], reconquistou aos latinos Constantinopla en [[1261]] e derrotou a Epiro, revitalizando o Imperio pero prestando demasiada atención a [[Europa]] cando a crecente penetración dos turcos en Asia Menor constituía o principal problema.
 
=== O final: o sitio turco ===
Liña 163:
[[Ficheiro:Bizancio1400AD.svg|300px|dereita|miniatura|O Imperio Bizantino cara a 1400]]
 
A historia de Bizancio trala reconquista da capital por [[Miguel VIII Paleólogo]] é a dunha prologada decadencia. No lado oriental o avance turco reduciu case á nada os dominios asiáticos do Imperio, convertido nalgunhas etapas en vasalo dos [[Imperio Otomán|otománs]], nos [[Balcáns]] debeu competir cos Estados gregos e latinos que xurdiran a raíz da conquista de Constantinopla en 1204, e no Mediterráneo a superioridade naval veneciana deixaba moi poucas opcións a Constantinopla. Ademais, durante o [[século XIV]] o Imperio, convertido nun máis de numerosos Estados balcánicos, debeu afrontar a terrible revolta dos [[almogávar]]es [[Cataluña|cataláns]] e dúas devastadoras guerras civís.
 
Durante un tempo o Imperio sobreviviu simplemente porque selxúcidas, [[Imperio Mongol|mongois]] e persas [[safávida]]s estaban demasiado divididos para poderen atacar, pero finalmente os turcos otománs invadiron todo o que quedaba das posesións bizantinas fóra dun número de cidades portuarias. (Os otománs - núcleo orixinario do futuro [[Imperio Otomán]] - procedían dun dos sultanatos escindidos do Estado selxúcida baixo o mando dun líder chamado [[Osman I]] Gazi, que daría o nome á dinastía otomá ou [[osmanlís|osmanlí]]).
Liña 183:
En canto ás cidades, o crecemento de Constantinopla foi espectacular nos século IV e V. Mentres que a capital de Occidente, Roma, declinara considerabelmente desde os tempos de [[Augusto]], en que chegou a ter preto do millón de habitantes, ata o século V, con só uns 100.000, Constantinopla, que no momento do seu fundación contaba escasamente con 30.000 habitantes, chegou en época de Xustiniano aos 400.000.
 
Pero Constantinopla non era a única gran cidade do Imperio. A poboación de [[Alexandría]] nesa mesma época estimouse en torno aos 300.000 habitantes, algo maior que [[Antioquía]] (uns 250.000), seguida doutras cidades como [[Éfeso]], [[Esmirna]], [[Pérgamo]], [[Trebisonda]], [[Edesa]], [[Nicea]], [[Tesalónica]], [[Tebas, Grecia|Tebas]] e [[Atenas]].
 
O século VI supuxo un importante retroceso da urbanización debido tanto ás guerras como a unha sucesión de epidemias e catástrofes naturais. No século seguinte, trala perda de Siria, Palestina, Exipto e [[Cartago]], só quedaron dúas grandes cidades no Imperio: a capital e Tesalónica. Parece que a poboación de Constantinopla decreceu considerabelmente durante os séculos VI e VII (a causa, entre outras razóns, da [[peste]]) e só comezou a recuperarse a mediados do século VIII. Estímase que a súa poboación sería de 300.000 habitantes durante o renacemento macedónico, e de non menos de 500.000 baixo a [[dinastía Ducas-Comneno|dinastía Comnena]].
Liña 201:
==== O comercio ====
 
Hai que destacar a grande importancia do comercio. Pola súa situación xeográfica, o Imperio Bizantino foi un intermediario necesario entre Oriente e o Mediterráneo, polo menos ata o século VII, cando o Islam se apoderou das provincias meridionais do Imperio. Era especialmente importante a posición da capital, que controlaba o paso de Europa a [[Asia]], e ao dominar o [[Bósforo|Estreito do Bósforo]], os intercambios entre o Mediterráneo (desde onde se accedía a Europa occidental) e o [[Mar Negro]] (que enlazaba co Norte de Europa e Rusia).
 
Existían tres rutas principais que enlazaban o [[Mediterráneo]] co [[Extremo Oriente]]:
 
:'''1.''' O camiño máis curto atravesaba [[Persia]], e logo [[Asia Central]] ([[Samarcanda]], [[Bukhara]]). Coñécese como [[Ruta da seda|Ruta da Seda]].
 
:'''2.''' Unha segunda ruta, moito máis difícil, evitaba Persia, e ía do Mar Negro, a través dos portos de [[Crimea]], ao [[Mar Caspio|Caspio]], e de aí a [[Asia Central]]. Esta ruta foi aberta en época de [[Xustino II]].
Liña 283:
A [[literatura bizantina]] conta cun poema en grego popular, o de ''[[Dígenis Akritas]]'', e con líricos de primeira orde como [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]]. Posúe uns xéneros característicos, como os [[bestiario]]s, [[volucrario]]s, [[lapidario]]s e as [[novela bizantina|novelas bizantinas]] ([[Eustacio Macrembolita]], ''Os amores de Isinia e Ismino'', [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]], ''Os amores de Rodante e Dosicles'', [[Nicetas Euxeniano]], ''As aventuras de Drusila e Caricles'' e [[Constantino Manasés]], ''Aventuras de Aristandro e Calitea''). Foi especialmente fecunda en escritos teolóxicos, cristolóxicos e [[haxiografía|haxiográficos]]. Foi en particular relevante para a literatura occidental a historia de ''[[Barlaam e Xosafat]]'', onde se atopan alusións á vida de [[Buda]], e que foi divulgada por todo Occidente.
 
A historia tivo representantes eminentes, como [[Procopio de Cesarea]], secretario que foi do famoso xeneral [[Belisario]] durante o reinado de Xustiniano e á vez panexirista do emperador nos seis libros das súas ''Historias'' e o seu detractor na chamada ''Historia secreta''. Na lírica destaca o [[epigrama]] con figuras como [[Paulo Silenciario]] e [[Agatías de Mírina|Agatías]], este último antoloxista e historiador do período que seguiu a Xustiniano. [[Xurxo de Pisidia]] compuxo poesía e epigramas. Existe un interesante libro de viaxes de [[Cosmas Indicopleustes]]. Do século VII destaca un historiador, [[Teofilacto Simocatta|Simocata]], que non chega á importancia de Procopio; neste século destaca o poeta [[Romano o Mélodo]], autor de [[himno]]s relixiosos. Entre o século VIII e o XI se compila a xa mencionada [[epopea]] nacional ''Dígenís Akritas'', composta nunha lingua semiculta; tamén se fan poemas sobre as fazañas de [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]] e compóñense [[enciclopedia]]s como a [[Suda]], de non sempre esquisita veracidade. Recompilouse nesta época o máis importante ''corpus'' de epigramática grega que se conserva, a ''[[Antoloxía palatina]]''. O cristianismo entra no xénero tradicional pagán coa obra do monxe [[Teodoro Estudita]] e da monxa poetisa [[Casia]]. Algúns emperadores dedicáronse ás letras, como [[León VI o Sabio]], que foi poeta, así como o seu fillo, [[Constantino VII]] Porfiroxéneta. [[San Xoán Damasceno]] compuxo tratados teolóxicos e polémicos en escuro estilo; o citado Teodoro escribe tamén sobre a cuestión iconoclasta, así como obras [[ascéticaAscetismo|ascéticas]]s e de esexese[[Exexese|eséxese]].
 
No último período, desde finais do XI, existe unha gran cantidade de literatura polémica relixiosa, pero tamén escriben [[Focio]] e [[Miguel Pselo|Miguel Psellos]] sobre outros temas e propíciase un renacemento das letras gregas. Este renacemento pasará a Europa coa dispersión dos eruditos bizantinos pola Península Itálica trala conquista de Constantinopla polos otománs. En Italia renacerá o estudo do grego e o [[Humanismo renacentista|humanismo]] e de aí pasará ao resto do mundo. [[Tzetzes]] escribe poemas didácticos e eruditos. O epigrama alcanza cumes en [[Cristovo de Mitilene]] ou [[Xoán Mauropo]]. Escríbense [[novela]]s en Grecia e proliferan os bestiarios e [[lapidario]]s, e crónicas como a sonada ''Crónica de Morea'', que mandou traducir ao [[aragonés]] o gran mestre da [[Orde de Malta|Orde de San Xoán de Xerusalén]] [[Xoán Fernández de Heredia]]. O inquedo e inconformista poeta [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]] escribe catro poemas satíricos na lingua popular e escribe a súa ''Catomiomaquia, ou Loita dos Gatos contra os Ratos'' a modo de parodia. Hai excelentes historiadores que deixan testemuño das [[Cruzadas]], como [[Nicetas Acominato]], [[Paquimeras]], [[Nicéforo Brienio, o Mozo|Nicéforo Brienio]] ou a súa muller [[Ana Comnena]], princesa imperial autora de ''[[A Alexiada]]'', historia do seu pai [[Aleixo I Comneno]]. Durante a época dos [[Dinastía Paleólogo|Paleólogos]] a literatura entra en decadencia pero despois xorde con forza a [[filoloxía]].
 
=== Arquitectura ===
Liña 307:
O estilo bizantino en escultura debe considerarse como unha derivación do romano, baixo a influencia asiática. Caracterízanlle, en xeral, certo amaneiramento, uniformidade e rixidez ou falta de naturalidade nas figuras xunto coa gravidade a cal adoita consistir en esmaltes, en imitacións de pedras e sartas de perlas, en trazos xeométricos e en follaxe estilizado ou desprovisto de naturalidade.
 
Cultivou a arte bizantina moi pouco o vulto redondo pero abundou en relevos sobre [[marfil]], [[prata]] e [[bronce]] e non abandonou do todo o uso de camafeos e entalles en pedras finas. Nos relevos, como nas pinturas e [[Mosaico|mosaicos]] preséntanse as figuras mirando de fronte.
 
=== Mosaicos ===
Liña 327:
== Legado ==
 
O Imperio Bizantino foi un imperio multicultural, que naceu como cristián e herdeiro da tradición romana, comprendendo a zona de Oriente e que desapareceu en [[1453]] como un reino grego [[Igrexa Ortodoxaortodoxa|ortodoxo]]. O escritor británico [[Robert Byron]] describiuno como o resultado dunha tripla fusión: un corpo romano, unha mente grega e unha alma oriental.
 
Bizancio foi a única potencia estábel na Idade Media. A súa influencia serviu de factor estabilizador en Europa, servindo de barreira contra a presión das conquistas dos exércitos musulmáns e actuando como enlace cara ao pasado clásico e a súa antiga lexitimidade.
Liña 333:
A caída do imperio foi traumática, tanto que durante moito tempo considerouse 1453 como a división entre a Idade Media e a [[Idade Moderna]]. O conquistador otomán, [[Mehmet II]], e os seus sucesores consideráronse a si mesmos herdeiros lexítimos dos emperadores bizantinos ata o derrubamento do Imperio Otomán, a principios do [[século XX]]. Con todo, o papel do emperador bizantino como cabeza da ortodoxia oriental foi reclamado polos [[Gran Ducado de Moscova|Grandes Duques de Moscova]] empezando por [[Iván III]]. O seu neto [[Iván IV|Iván IV o Terríbel]] converteuse no primeiro [[tsar]] de [[Rusia]] (o título de tsar provén do latín ''[[césar (título)|caesar]]'', "césar"). Os seus sucesores apoiaron a idea que [[Moscova]] era a herdeira lexítima de Roma e Constantinopla, a Terceira Roma - unha idea mantida polo [[Imperio Ruso]] ata o seu propio fin a principios do [[século XX]].
 
Desde o punto de vista comercial, Bizancio era o punto de partida da [[Ruta da Seda]], o eixe económico que unía [[Europa]] con [[Oriente]], importando materias de luxo como seda e especias. A interrupción desta ruta con motivo da desaparición do Imperio Bizantino provocou a procura de novas rutas comerciais, chegando españois e portugueses a América e África en busca de rutas alternativas. Os portugueses, que acabaron a [[Reconquista]] antes e dispuxeron dos recursos necesarios con antelación crearon un imperio atlántico que permitía alcanzar a India ao circunnavegar África. Os españoiscasteláns, posteriormente, patrocinarían a [[Cristovo Colón|Colón]] e aos [[conquistador]]esconquistadores, que supoñerían a creación dun imperio colonial que transformaría a España na primeira potencia mundial.
 
Bizancio desempeñou un papel inestimábel para a conservación dos textos clásicos, tanto no mundo islámico como na Europa occidental, onde sería clave para o [[Renacemento]]. A súa tradición [[Historiografía|historiográfica]] foi unha fonte de información sobre os logros do mundo clásico. Ata tal punto foi así, que se cre que o rexurdir cultural, económico e científico do [[século XV]] non fose posíbel sen a bases establecidas na Grecia bizantina.
 
A influencia de Bizancio en asuntos como a teoloxía sería vital para pensadores europeos como Santo [[Tomé de Aquino]].
 
Así mesmo cómpre mencionar que o Imperio foi clave na extensión do cristianismo, relixión que definiría Europa durante séculos. Dos catro maiores focos desta relixión, tres (Xerusalén, Antioquía e Constantinopla) achábanse no seu territorio e ata que aconteceu o [[Gran Cisma|cisma de Oriente]] foi o maior foco espiritual. Tamén foi responsábel da evanxelización dos pobos eslavos, grazas a misioneiros tan sonados como [[Cirilo]] e [[Metodio]] que evanxelizaron os pobos eslavos e desenvolveron un sistema de escritura que aínda hoxe en día se segue utilizando en moitos países, o [[alfabeto cirílico]]. Para rematar é notábel a súa influencia nas igrexas [[Igrexa ortodoxa copta|copta]], [[Igrexa ortodoxa etíope|etíope]], e a de [[Igrexa Apostólica Armenia|armenia]].
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Byzantine Empire|o Imperio Bizantino}}
{{Portal|Historia}}
{{Commons|Byzantine Empire|o Imperio Bizantino}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Caída de Constantinopla]]
* [[Despotado de Epiro]]
* [[Ducado de Atenas]]
* [[Ducado de Neopatria]]
* [[Emperadores bizantinos]]
* [[Imperio de Nicea]]
* [[Imperio Otomán]]
* [[Imperio de Trebisonda]]
* [[Imperio Romano de Occidente]] - [[Imperio Romano]]
* [[Moeda bizantina]]
*[[Cecas bizantinas]]
* [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino]]
* [[Universidade de Constantinopla]]
 
=== Bibliografía ===
 
==== En español ====
 
;Historias xerais
 
* {{Cita libro
| autor = Cabrera, Emilio
| título = Historia de Bizancio
Liña 373 ⟶ 361:
| id = ISBN 84-344-6599-X
}}
* {{Cita libro
| autor = Norwich, John Julius
| título = Breve historia de Bizancio
Liña 380 ⟶ 368:
| id = ISBN 84-376-1819-3
}}
* {{Cita libro
| autor = Ostrogorsky, Georg
| título = Historia del Estado Bizantino
Liña 387 ⟶ 375:
| id = ISBN 84-7339-690-1
}} (título original alemán: ''Die Geschichte des bizantinischen Staates'', 1963)
* {{Cita libro
| autor = Treadgold, Warren
| título = Breve historia de Bizancio
Liña 396 ⟶ 384:
 
;O mundo bizantino
 
* {{Cita libro
| autor = Bravo García, A., Signes Codoñer, J., Rubio Gómez, E.
| título = El imperio bizantino: historia y civilización: coordenadas bibliográficas
Liña 403 ⟶ 392:
| id = ISBN 84-7882-195-3
}}
* {{Cita libro
| autor = Baynes, Norman H.
| título = El Imperio Bizantino
Liña 410 ⟶ 399:
| id = ISBN 968-16-0720-1
}}
* {{Cita libro
| autor = Chrysos, Evangelos
| título = El imperio bizantino, 565-1025 (Enciclopedia del Mediterráneo, 21 )
Liña 417 ⟶ 406:
| id = ISBN 84-7426-755-2
}}
* {{Cita libro
| autor = Walker, Joseph M.
| título = Historia de Bizancio
Liña 426 ⟶ 415:
 
;Divulgación
 
* {{Cita libro
| autor = [[Isaac Asimov|Asimov, Isaac]]
| título = Constantinopla
Liña 435 ⟶ 425:
 
==== Noutras linguas ====
 
* {{Cita libro
| autor = Ahrweiler, Hélène
| título = Studies on the Internal Diáspora of the Byzantine Empire
Liña 441 ⟶ 432:
| publicación = Harvard University Press
}}
* {{Cita libro
| autor = Norwich, John J.
| título = Byzantium
Liña 447 ⟶ 438:
| publicación = Viking
}} (3 volumes)
* {{Cita libro
| autor = Treadgold, Warren
| título = A History of the Byzantine State and Society
Liña 453 ⟶ 444:
| publicación = Stanford
}}
 
=== Outros artigos ===
 
* [[Caída de Constantinopla]]
* [[Despotado de Epiro]]
* [[Ducado de Atenas]]
* [[Ducado de Neopatria]]
* [[EmperadoresLista de emperadores bizantinos]]
* [[Imperio de Nicea]]
* [[Imperio Otomán]]
* [[Imperio de Trebisonda]]
* [[Imperio Romano de Occidente]] - [[Imperio Romano]]
* [[Moeda bizantina]]
*[[Cecas bizantinas]]
* [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino]]
* [[Universidade de Constantinopla]]
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 471 ⟶ 478:
 
{{Imperios}}
 
{{Control de autoridades}}