Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 18 fontes e etiquetando 1 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 109:
[[Ficheiro:Machupicchu hb10.jpg|miniatura|esquerda|300px|Machu Picchu en 1912.]]
 
As primeiras referencias directas sobre visitantes das ruínas de Machu Picchu indican que Agustín Lizárraga, un arrendatario de terras cusqueño, chegou ao sitio o [[14 de xullo]] de [[1902]] guiando aos tamén cusqueños Gabino Sánchez, Enrique Palma e Justo Ochoa.<ref>Mould 2003, 57</ref> Os visitantes deixaron un ''[[graffiti]]'' cos seus nomes nun dos muros do '''Templo das Tres Fiestras''' que foi posteriormente verificado por varias persoas.<ref>Hiram Bingham atopou o ''graffiti'' en 1911 como el mesmo o recoñece no seu libro de 1922 <http://www.gutenberg.org/files/10772/10772-h/10772-h.htm>{{en}}{{Ligazón morta|data=novembro de 2019 }}. Luís Cossío viuno en 1912. Posteriormente sería borrado por Bingham por obvios fins de conservación, aínda que hai quen con suspicacia suxire que simplemente quixo eliminar a Lizárraga da historia, quedando el só como único "descubridor". Nas súas notas persoais, en todo caso, Bingham chama a Lizárraga "descubridor de Machu Picchu" (Mould 2003: 56) aínda que os autores contemporáneos cuestionen a idoneidade dese título</ref> Existen informacións que suxiren que Lizárraga xa visitara Machu Picchu en compañía de Luís Béjar en 1894.<ref>{{Cita web|url= http://www.arqueologiamericana.com.br/artigos/artigo_06.htm |título= Machu Picchu A descoberta da "Cidade Perdida dos Incas"|lingua= portugués |dataacceso = 24/05/2014}}</ref> Lizárraga mostráballes as construcións aos "visitantes", aínda que a natureza das súas actividades ata o de hoxe non foi investigada.<ref>Mould de Pease cita numerosos indicios de que ao seu xuízo débese investigar a historia de Lizárraga dada a súa suposta afección a "coleccionar" tesouros; Mould 2003.</ref>
[[Ficheiro:Hiram Bingham III at his tent door near Machu Picchu in 1912.jpg|miniatura|200px|dereita|Hiram Bingham na tenda de campaña preto de Machu Picchu en 1912.]]