Guantánamo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 83:
A [[Enmenda Platt]], lei do [[Congreso dos Estados Unidos|Congreso dos Estados Unidos]] imposta á primeira [[Constitución cubana]] a comezos do [[século XX]], baixo a ameaza de que, se non se aceptase, a illa permanecería ocupada militarmente, estableceu a obrigación de ceder porcións de territorio para instalacións militares aos Estados Unidos. Non tardou moito en poñer en práctica ese requisito.
 
En decembro de [[1903]], [[Estados Unidos]] tomou posesión "ata que o necesiten" da [[Base Naval da Baía de Guantánamo|baía de Guantánamo]], a través do chamado [[Tratado Cubano-Americano]]. Desde entón ata a [[Revolución Cubana]] (máis de medio século) foi o centro para unha marcada influencia dos Estados Unidos e pola presenza de cidadáns estadounidenses. O goberno de Cuba considera que o enclave é ilegal e desde 1960 négase a recibir o pago simbólico anual do contrato de arrendamento de 5.000 dólares. Don Pedro Manuel Pérez regalou os terreos para a Igrexa e a Praza de Armas destinada aos exercicios das tropas españolas. Primeiro eran pequenos camiños de terra que conducían á igrexa; máis tarde os corredores e xardíns de cemento foron construídos de forma rectangular con pequenas paredes de pedra arredor.
 
Outro lugar moi importante na historia da cidade é o Parque 24 de Febreiro. A terra onde descansa foi doada por Don José Rafat en 1841 e nelas proxectouse a praza Isabel II, en honor da Raíña de España. No centro do parque levantouse unha base na que se colocaron anacos de moedas e pergameos con inscricións e datas. Esta base estaba destinada a recibir a estatua da raíña que nunca chegou. Esta praza chamábase tamén Praza da Constitución.
 
Guantánamo tornouse célebre despois da implantación, a 15 km da cidade, da base naval dos [[Estados Unidos de América]] de Guantánamo. É no interior desta base onde se encontra a [[prisión de Guantánamo]], medindo 117,6 km² alugada polo goberno estadounidense por 4.085 dólares por ano.