Club Baloncesto Breogán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 106:
 
=== Descenso e retorno ===
En plena tempada de éxitos, o Breogán perdera o ano anterior a un dos ídolos da afección, [[Jim Wright]]. A saída do club do [[EUA|americano]] foi motivada por unha serie de ameazas debidas a unhas débedas contraídas polo consumo de [[cocaína]], droga á que estaba enganchado.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/deportes/WRIGHT/_JIM/BREOGaN_UNIVERSIDADE_/CLUB_DE_BALONCESTO/Jimmy/Wright/norteamericano/Breogan/dejara/Lugo/amenazas/muerte/elpepidep/19860130elpepidep_13/Tes/ Jimmy Wright, norteamericano do Breogán deixará Lugo por ameazas de morte]</ref> Na seguinte campaña, tamén deixaron o club [[Jeff Allen]] e [[Winfred King]], polo que o club contratou dous novos xogadores foráneos, [[Art Housey]], procedente do [[Ron Negrita Joventut]] e a [[Victor Anger]], que tan só xogou trece encontros. Así, cun cadro moi renovado, o Breogán encadea un pésimo inicio de tempada, perdendo de xeito consecutivo os sete primeiros encontros da liga.<ref>[{{Cita web |url=http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=31&jornada2=0&x=0&y=9&cod_competicion=LACB |título=Resultados de Breogán en 1986-87] |data-acceso=13 de maio de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160410040156/http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=31&jornada2=0&x=0&y=9&cod_competicion=LACB |dataarquivo=10 de abril de 2016 |urlmorta=si }}</ref>
 
Coa marcha de Anger e a chegada de [[Rudy Woods]] o Breogán melloraría, aínda que sen poder evitar chegar aos playoffs pola permanencia. Neles tívose que enfrontar ao Gin MG-Sarriá de [[Barcelona]], co que perdeu en catro encontros tras gañar o primeiro en [[Lugo]] e perder logo os tres seguintes con marcadores moi axustados. Despois duns anos nos que o Breogán se convertera nun dos equipos máis destacados do baloncesto estatal, perdía a categoría tras gañar 13 encontros e perder 19. Ao ano seguinte, en primeira división B, o equipo volvía protagonizar un ascenso fulgurante, ocupando sen problemas a primeira posición e retornando en tan só un ano á [[ACB]].
Liña 114:
=== Asentándose na ACB ===
[[Ficheiro:Velimir Perasović 2010.jpg|miniatura|250px|[[Velimir Perasović]].]]
Na tempada [[1990]]-[[1991|91]] chegaría a [[Lugo]] un dos [[EUA|americanos]] máis prestixiosos da liga, [[Claude Riley]], que permanecería no equipo tres anos con magníficos resultados, converténdose nun dos ídolos da afección lucense. No primeiro ano de Riley o club consegue xogar os playoffs polo título, aínda que perdendo en primeira rolda contundentemente fronte ao [[Montigalà Joventut]]. Ao seguinte ano o equipo remataría na zona media da táboa, xogando o "playout", unha eliminatoria que decidía os postos do 9 ao 12 nunha competición con 24 equipos. Nesta rolda enfrontouse ao [[Bàsquet Manresa|TDK Manresa]] e ao [[Valencia BC|Pamesa Valencia]], gañando dous encontros e perdendo outros dous.<ref>[{{Cita web |url=http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=35&jornada2=0&x=3&y=7&cod_competicion=LACB |título=Resultados de Breogán en 1990-91] |data-acceso=13 de maio de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180818214816/http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=35&jornada2=0&x=3&y=7&cod_competicion=LACB |dataarquivo=18 de agosto de 2018 |urlmorta=si }}</ref>
 
En [[1992]] chegaría ao club un dos mellores xogadores que pasaron pola historia do mesmo, o escolta procedente da [[Jugoplastika]] (que viña de ser campioa da [[Euroliga]] durante tres anos consecutivos) [[Velimir Perasović]]. O [[Croacia|croata]] tan só xogaría un ano en [[Lugo]], conseguindo 24,5 puntos por encontro, o que o converterían no máximo anotador da competición.<ref>[http://acb.com/jugador.php?id=AQ2 Ficha de Velimir Perasović en acb.com]</ref> Esta tempada semellaba comezar ben para o equipo, perdendo por tan só catro puntos ante o [[FC Barcelona Bàsquet|FC Barcelona]] no [[Palau Sant Jordi]] (95-91) e tan só dous fronte ao [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]] de [[Arvydas Sabonis]] e [[Fernando Romay]] no [[Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid]] (105-103), con 29 puntos de [[Velimir Perasović|Perasović]] e 27 de [[José Manuel Cabezudo|Cabezudo]]. Con todo, o Breogán non conseguiría gañar até a 9 xornada, a partir da cal o equipo mellorou e conseguiu rematar outra tempada na zona media da táboa.
 
Ao ano seguinte chegaría a [[Lugo]] outro xogador que destacaría ao longo dos anos no baloncesto [[Europa|europeo]], [[Tanoka Beard]]. Porén, este xogador, que aínda mantén folgadamente o récord de valoración nun só partido da [[Euroliga]] (63), tan só xogaría oito partidos no club. No que respecta á tempada, o Breogán volveu quedar na zona media tras un ano con múltiples cambios no seu cadro de xogadores. Así o club chegaría á tempada [[1994]]-[[1995|95]], na que incorporaría o escolta [[Tharon Mayes]]. Este ex-xogador da [[NBA]], cunhas medias de case 23 puntos por encontro, non puido evitar as 10 derrotas consecutivas ao comezo da tempada e o final descenso do club.<ref>[{{Cita web |url=http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=39&jornada2=0&x=2&y=8&cod_competicion=LACB |título=Resultados de Breogán en 1994-95] |data-acceso=13 de maio de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170822181356/http://www.acb.com/partclub.php?cod_equipo=BRE&jornada1=0&cod_edicion1=39&jornada2=0&x=2&y=8&cod_competicion=LACB |dataarquivo=22 de agosto de 2017 |urlmorta=si }}</ref>
 
=== Volta a comezar ===