Dinastía almorábide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
ligazóns internas
Liña 74:
}}
[[Ficheiro:Almoravid dinar 1138 631905.jpg|miniatura|250px|[[Dinar]] almorábide de [[Ali ibn Yusuf]]. Almería, 1106-1142.]]
Os '''Almorábides''' foron unha dinastía [[Bérberes|bérber]] do Sáhara que vivía entre o actual Senegal e o sur do Sáhara occidental<ref>Extraído de [http://www.universalis.fr/encyclopedie/A912241/ALMORAVIDES.htm Encyclopedia Universalis on Almoravids]</ref>. Esta dinastía está emparentada coas tribos bérberes de [[Sanhaja]] e [[Lamtuna]]. Desde o século XI até o XII, a dinastía almorábide gobernou o [[Deserto do Sáhara|Sáhara]], parte do norte de África e parte da [[Península Ibérica]].
 
Baixo esta dinastía o imperio musulmán estendeuse sobre o actual [[Marrocos]], [[Sáhara Occidental|Sahara occidental]], [[Mauritania]], [[Xibraltar]], [[Tlemcen]] (en [[Alxeria]]) e grande parte do que hoxe son [[Senegal]], [[Malí]], [[España]] e [[Portugal]]. Na súa maior extensión, o imperio ocupaba 3000 quilómetros desde o norte ao sur (a maior latitude de todos os tempos até a colonización española das Américas).
 
== Orixes e expansión almorábide ==
Os almorábides tiñan unha confraría relixiosa militar que defendía a expansión do [[islam]], tal e como facían os cruzados respecto á relixión cristiá. Eran seguidores de Abdallah ibn Yasin, teólogo do islam ortodoxo chamado por un dos xefes das tribos bérberes que controlaban o [[Sáhara]] occidental. Os seus seguidores, ao redor do medio do [[século XI]], comezaron a ser coñecidos como ''al-Murabitun'', ou "o pobo da fortaleza" e no Occidente son chamados Almorábides. O seu obxectivo inicial era estabelecer unha comunidade política na cal puidesen ser aplicados os principios islámicos, inclusive sobre a [[jihad]] contra os non-musulmáns. Procuraron impor súa doutrina pola predicación e pola guerra. En [[1055]] conseguiron apoderarse de dous dos máis importantes centros onde se comerciaba o ouro que viña do centro da [[África]] polo deserto do [[Sáhara]], Sijilmasa e Awdaghust/Audagost.
 
En 1059, morreu ibn Yasin, mais un seu seguidor, Abu Bakr, fíxose líder e conquistou continuamente a rexión do noroeste da África até morrer á súa vez en [[1087]]: xa entón tíñase apoderado do que hoxe coñecemos como [[Marrocos]].
Liña 90:
 
== Almohades ==
Os reis cristiáns aproveitáronse novamente destas loitas internas para ampliaren os seus estados para o sur. Inicialmente o rei castelán [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] ([[1155]]-[[1214]]) foi vencido polos mouros almohades na [[batalla de Alarcos]] ([[1195]]). Eran anos tan inestábeis que o [[Reino de Galicia|rei de [[Galiza]] e [[reino de León|León]], [[Afonso VIII de León e Galicia|Afonso VIII]] chegou a ser excomungado polo papa por terse unido aos estados musulmáns nas loitas contra os seus inimigos cristiáns.
 
Ante isto, os reis de [[Navarra]], [[Aragón]], [[Castela]] e [[Portugal]] uníronse, bendicidos polo [[Papa]] que lles concedía as mesmas [[indulxencia]]s concedidas aos cruzados no [[Oriente]]. A vitoria chegoulles en [[1212]], garantindo acceso e pasaxe no [[Río Guadalquivir|Guadalquivir]]. Esa batalla, coñecida como [[Batalla das Navas de Tolosa|Las Navas de Tolosa]], representou o golpe definitivo no dominio almohade.
 
A ''Spania'' musulmá fragmentábase agora en numerosos centros políticos de poder coñecidos como reinos de [[taifa]]s, disgregación política e económica que ao longo do tempo foi aproveitada polos estados cristiáns ibéricos para atacar constantemente. Sucesivas conquistas de reis cristiáns acabarían por reducir o outrora rico mundo hispano-musulmán a un só reino, [[Reino de Granada|Granada]].
 
== Lista de emires almorábides ==