Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
→Período Clásico: arranxiños |
arranxiños varios |
||
Liña 4:
A '''Escultura da Grecia antiga''' é unha expresión de significado amplo, empregada para designar a produción [[escultura|escultórica]] [[Grecia antiga|grega]] desenvolvida entre o [[Período Arcaico]], iniciado no [[século VII a.C.]], cando a arte grega comezou a formar un estilo de seu orixinal, e a época do seu derradeiro florecemento importante na chamada era [[arte helenística|Helenística]], que durou até preto de [[100 a.C.]], cando o país xa estaba baixo dominio [[Imperio Romano|romano]].
A escultura
Os gregos tiveron, dende moi cedo, a forma humana como o tema máis importante da súa expresión artística;<ref name=":0">Cook (1976), p. 19</ref> o que se define, usualmente, como [[antropocentrismo]]. As súas divindades, tamén se representaron con forma humana polo que se difuminaron as diferenzas entre o sagrado e o secular no eido artístico: unha representación espida de Apolo ou Heracles en pouco se diferenciaba da representación dun atleta olímpico vencedor nos xogos.
Será a estatua, illada e única no período arcaico mais representada grupalmente no período helenístico, o tipo de representación principal, aínda que os relevos, a miúdo tan altos que case tamén semellaban exentos, tamén serán importantes.
== Antecedentes ==
A escultura grega evolucionou a partir de estatuíñas elaboradas en [[madeira]] chamadas [[xoanon|
[[Ficheiro:Lady of Auxerre Louvre Ma3098 n2.jpg|esquerda|miniatura|110px|''Kore'' dedálica chamada a ''[[Dama de Auxerre]]'', c. 635 a.C., Louvre]]
[[Ficheiro:Bronze horse Louvre Br90.jpg|miniatura|150px|Estatuíña representando un cabalo do século VIII a.C., Museo do
Dos períodos ''Xeométrico'', ''Dedálico'' e ''Protoarcaico'' (c. 900 - [[700 a.C.]]) aínda existen estatuíñas elaboradas en [[bronce]], terracota e [[marfil]], sendo case todas ofrendas para o [[culto]] e consistindo principalmente de [[guerreiro]]s, imaxes ecuestres, animais como os [[León|leóns]], [[Grifón|grifóns]] e [[Cabalo|cabalos]], e grupos de outras figuras humanas. Tamén a técnica do [[baixorrelevo]] en [[mármore]] foi empregada na decoración de templos e monumentos. Toda esta produción presenta formas esquematizadas, pouco detallamente e posturas bastante ríxidas, e estivo influenciada polo escultura [[
== Os períodos estilísticos ==
=== Período Arcaico ===
O período Arcaico
Nesta época, as formas escultóricas máis comúns son o
[[Ficheiro:Apollo of Tenea Glyptothek Munich 168.jpg|miniatura|esquerda|110px|''Kouros'' chamado ''Apolo de Tenea'', c. 560-550 a.C., [[Gliptoteca de Múnic]]]]
Neste período definiuse o corpo humano como obxecto e tema principal da arte grega. Xa que a súa relixión tiña deuses [[Antropomorfismo|antropomórficos]], a distinción na arte entre [[sagrado]] e [[profano]] logo deixou de existir, sendo o corpo humano considerado tanto secular como sacro.<ref name=":0" />
[[Ficheiro:009MA Kritios.jpg|miniatura|120px|''Efebo de Krítios'', c. 480 a.C., [[Museo da Acrópole de Atenas]]]]
Malia ser os tres tipos de escultura moi comúns, o ''kouros'' asumiu unha importancia superlativa para o desenvolvemento desta arte, xa que a cultura grega só viría a permitir a exposición do corpo feminino espido a partir do [[século IV a.C.]] e realizouse en moi poucas ocasións. Os ''kouroi'' seguían todos un mesmo modelo: sempre
Os ''kouroi'' non eran producidos meramente con fins [[Estética|estéticos]]. Eran ofrendas relixiosas colocadas en [[
=== Período Severo ===
Liña 34 ⟶ 38:
Indicativo deste progreso é o ''Efebo de [[Kritios]]'' (c. [[480 a.C.]]), o primeiro en mostrar unha suxestión do ''[[contraposto]]'', un movemento nos [[cadril|cadrís]] que xorde ao apoiarse a figura nunha das pernas mentres a outra se atopa en repouso. O mesmo desenvolvemento formal nótase nos relevos, cunha crecente complexidade das ceas e das formas anatómicas. Exemplo superior desta época é o conxunto escultórico do templo de [[Zeus]] na [[Olimpia]], realizado por un artista descoñecido chamado [[Mestre de Olimpia]] e os seus auxiliares. Neste grupo decorativo atópanse por primeira vez na arte grega características que serían retomadas soamente na fase ''Helenística'', máis tardía, como o extraordinario dinamismo nas cenas e expresións emocionais intensas.
[[Ficheiro:Greek statue discus thrower 2 century aC.jpg|miniatura|esquerda|110px|Copia de
=== Período Clásico ===
[[Ficheiro:0025MAN-Relief2.jpg|miniatura|150px|Relevo funerario no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]]]
[[Ficheiro:Dionysos pediment Parthenon BM.jpg|miniatura|150px|Oficina de Fidias: ''
[[Ficheiro:Diadoumenos-Atenas.jpg|miniatura|dereita|150px|Copia de Polícleto: O ''
Unha rápida evolución na técnica e no estilo leva ao clasicismo grego. As actitudes tórnanse máis naturalistas, aínda que investidas de grande dignidade e equilibrio. A representación anatómica chega a un estado de grande verosimilitude. As poses son moi variadas, aparecen os primeiros retratos de persoas e as esculturas abandonan definitivamente a frontalidade para recibiren acabamento por igual en todas as súas partes, de xeito que poden ser apreciadas por todos os seus ángulos.
Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o [[Partenón]], que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do [[Frontón (arquitectura)|frontón]] e os [[friso]]s. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de [[loito]] ou en despedida de parentes falecidos.
[[Ficheiro:Aphrodite Braschi Glyptothek Munich 258.jpg|miniatura|esquerda|110px|Copia de
[[Ficheiro:Belvedere Apollo Pio-Clementino Inv1015.jpg|miniatura|esquerda|110px|
Tamén comezan a ser rexistradas as actividades de artistas que formarían importantes escolas e establecerían novos patróns. Os primeiros notables, vencendo definitivamente a rixidez do período Arcaico, foron [[Mirón (escultor)|Mirón]], autor de obras primas como o [[Discóbolo]], onde as tensións do movemento son exploradas con mestría e realismo, e [[Kálamis]], autor do célebre ''Apolo do Onfalo'', que sobreviviu grazas ás súas copias romanas.
A mediados do [[século V a.C.]], xorde [[Fidias]] quen levou a estatuaria grega ao seu primeiro momento de real esplendor, inaugurando o apoxeo da época Clásica. O escultor traballou na construción do Partenón e foi autor de estatuas colosais como o [[Estatua de Zeus en Olimpia|Zeus de Olimpia]] e a ''Atena Parthenos'', imaxes dotadas de grande maxestade, das cales hoxe subsisten infelizmente apenas copias menores ou descricións. Máis dinámicas son as esculturas do frontón do [[Partenón]], creadas baixo a súa supervisión directa. Outras obras atribuídas a el ou á súa escola son o ''Apolo de Kassel'' e a ''
Contemporáneo de Fidias foi [[Policleto]], de fama igualmente recoñecida, creador dun [[Canon (arte)|canon]] de proporcións ideais do corpo humano que atopou a expresión magnífica en obras como o ''[[Doríforo]]'', o ''[[Discóforo]]'' e o ''[[Diadumeno]]''. [[Eufranor]] adaptou este canon e representa a evolución da escultura grega en dirección a unha escola máis realista, sensual e delicada, de cariz máis humano e menos augusto e idealizante, que tería grandes como grandes mestres a [[Lisipo]], [[Escopas de Paros|Escopas]] e [[Praxíteles]].
Lísipo foi o escultor predilecto de [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]], e seu discípulo [[
Outro grande representante desta fase é [[Leocares]], autor da ''[[Diana de Versalles]]'' e do paradigmático ''[[Apolo de Belvedere|Apolo Belvedere]]'', considerado polos neoclasicistas do [[século XIX]] a máis perfecta expresión do ideal de equilibrio e maxestade típicos do alto clasicismo grego,
=== Período Helenístico ===
[[Ficheiro:Ludovisi Gaul Altemps Inv8608 n3.jpg|110px|miniatura|esquerda|O chamado ''Gálata Ludovisi'' e a súa dona, c. 220 a.C., [[Museo Nacional de Roma]]]]
A transición cara ao ''Período Helenístico'' ocorreu ao longo do século IV a.C., seguindo as conquistas de Alexandre Magno, quen levou a arte grega ata a [[India]]. Esta incursión por Asia fixo que numerosos artistas entrasen en contacto coas culturas locais recibindo influencias delas, gañando deste xeito en diversidade de temas e formas de tratamento. Ao mesmo tempo establecéronse novos centros de produción, destacando [[Alexandría]] e [[Antioquía]], ademais de [[Pérgamo]].
[[Ficheiro:Bebada2.jpg|miniatura|110px|''Vella bébeda'', c. 190 a.C., Museos Capitolinos]]
Pérgamo destácase entre os novos centros deste período, producindo unha serie de obras con movemento, punxentes e con detalles como bigotes e cabelos rizados, especialmente
Por volta do [[Século -II|século II a.C.]] outro forte elemento modificador viu de [[Roma]], que iniciaba a súa expansión, absorbendo moito da tradición grega e á súa vez influenciándoo, por constituíres un novo e grande mercado consumidor de estatuaria, con preferencias de seu. Os romanos apreciaban o naturalismo, con rapaces, animais e persoas comúns pasando a ser tema recorrente, e moitas veces esculpidos baixo encomenda para a decoración de residencias e xardíns de familias ricas.
[[Ficheiro:Head_of_a_barbarian_Athens.jpg|miniatura|110px|esquerda|''Retrato de bárbaro'', Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas]]
De xeito xeral o período Helenístico continúa a grande tradición do auxe do clasicismo, creando obras perfectamente modeladas en todos os ángulos, con estudados efectos de transparencia no vestiario, aproveitando os xogos de luz con finalidades estéticas e expresivas, e enfatizando a variedade de posturas e sentimentos. Búscase a esencia de toda expresividade e a súa "atmosfera", destacando os [[retrato]]s, onde mais que a exactitude da [[fisionomía]] represéntase o carácter ou vida interior do personaxe.
[[Ficheiro:Laocoon Pio-Clementino Inv1059-1064-1067.jpg|110px|miniatura|''Laocoonte e os seus fillos'', c. 200 a.C., [[Museos Vaticanos|Museo Vaticano]]]]
Os escultores xa non se sentían obrigados a retratar o ideal. Introdúcense temas como o sufrimento, o sono, a morte e a vellez, que ofrecían formas e expresións aínda pouco exploradas. Extraordinaria nesta produción é a ''[[Vella bébeda]]'', obra que mostra sen reservas unha muller envellecida, chea de engurras e coa cara torcida, agarrada a un vaso de viño. Outra obra a destacar é o ''[[Laocoonte]]'' envolto en serpes xunto cos seus fillos, nun intre de desesperación e coa musculatura en extrema tensión.
Outro factor importante foi o grande crecemento nesa fase da demanda escultórica, en virtude das numerosas cidades helenísticas que foron fundadas no [[Exipto]], [[Siria]] e [[Anatolia]], e que precisaban de imaxes de deuses para o culto nos templos, ou de heroes para os seus monumentos. Esa expansión no mercado deu lugar a unha certa patronización estética.
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Ancient Greek sculptures}}▼
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro|título=Greek Art: Its Development, Character And Influence|apelidos=Cook|nome=R.M.|editorial=Penguin Books|ano=1976|ISBN=978-0140218664|ref=|lingua=en|lugar=Londres}}
===Outros artigos===
* [[Renacemento]]
* [[Neoclasicismo]]
▲{{commonscat|Ancient Greek sculptures}}
{{Control de autoridades}}
|