Elefante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 190:
[[Ficheiro:African elephant (Loxodonta africana) reaching up 1.jpg|miniatura|Un elefante africano usando a súa trompa prénsil chegar ás pólas das árbores.]]
[[Ficheiro:Elephant scratching on a tree.jpg|miniatura|Elefante fregando contra unha árbore para desfacerse dos parasitos.]]
Os elefantes africanos de sabana poden atoparse en hábitats tan diversos como a [[sabana]] seca, o [[deserto]], a [[marisma]] e ribeiras de lagos, e en elevacións dende o nivel do mar até áreas montañosas por debaixo da cota de neve. Os elefantes africanos de bosque viven principalmente na [[selva costeira ecuatorial atlántica|selva ecuatorial]] pero poden habitar tamén en [[Bosque de ribeira|bosques de ribeira]] e [[ecotón]]s entre selvas e sabanas.<ref name=Shoshani42/> Os elefantes asiáticos prefiren as áreas cunha mestura de gramíneas, plantas leñosas baixas e árbores, e habitan principalmente nos bosques de espiños do sur da [[India]] e [[Sri Lanka]] e nas selvas da [[península Malaia]].<ref name=Asian>{{cita publicación periódica|autor1=Shoshani, J. |autor2=Eisenberg, J. F. |ano=1982|título=''Elephas maximus''|publicación=Mammalian Species|volume=182|issue=182|páxinas=1–8|url=http://www.science.smith.edu/msi/pdf/i0076-3519-182-01-0001.pdf|jstor=3504045|doi=10.2307/3504045}}</ref> Os elefantes son [[herbívoro]]s e comen follas, pólas pequenas, froitas, cortiza, herba e raíces.<ref name=Shoshani42 /> Nacen cos intestinos estériles e requiren bacterias obtidas das feces da súa nai para dixerir a vexetación..<ref>{{cita web|url=http://www.bbc.co.uk/nature/adaptations/Coprophagia |título= Dung eater |editorial=BBC Nature |dataacceso=27 de novembro de 2011}}</ref> Os elefantes africanos son principalmente ramoneadoresramalleadores, mentres que os asiáticos son pacedores. Poden consumir uns 150 kg de comida e 40 litros de auga ó día. Os elefante tenden a quedar preto de fontes de auga.<ref name=Shoshani42 /> As maiores inxestas prodúcense pola mañá, no serán e pola noite. A mediodía, os elefantes descansan baixo as árbores e poden quedar durmidos estando de pé. O sono ocorre pola noite mentres o animal está deitado.<ref name=Shoshani69 /><ref name=Shoshani124 /> De media, os elefantes dormen entre 3 e 4 horas ó día.<ref name="Siegel">{{cita publicación periódica|autor=Siegel, J.M.|ano=2005|título=Clues to the functions of mammalian sleep|publicación=Nature|volume=437|issue=7063|páxinas=1264–71|doi=10.1038/nature04285|pmid=16251951|url=http://www.nature.com/nature/journal/v437/n7063/full/nature04285.html|bibcode=2005Natur.437.1264S}}</ref> Tanto os machos como os grupos familiares desprázanse entre 10 e 20 km cada día, pero téñense rexistrado movementos de 90 a 180 km no [[Parque Nacional Etosha]], de Namibia.<ref>Sukumar, p. 159.</ref> Os elefantes realizan migracións estacionais na procura de alimentos, auga, minerais e parellas. No [[Parque Nacional de Chobe]], en Botswana, as mandas viaxan uns 325 km para visitar o río cando as fontes locais de auga secan.<ref>{{cita libro|autor=Hoare, B.|ano=2009|título=Animal Migration: Remarkable Journeys in the Wild|editorial=University of California Press|páxinas=58–59|isbn=978-0-520-25823-5}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Animal Migration: Remarkable Journeys in the Wild|apelido=Hoare|nome=Ben|editorial=University of California Press|ano=2009|isbn=|localización=Berkeley|páxinas=59}}</ref>
 
Por mor do seu gran tamaño, os elefantes teñen un forte impacto nas súas contornas e son considerados unha [[especie chave]]. O seu hábito de arrinacar árbores e matogueiras pode transformar a sabana nun pasteiro; cando fan buratos na terra na busca de auga, crean pozas que poden ser usadas por outros animais. Poden facer meirandes as pozas de auga cando se bañan ou cando se envorcallan. No [[Monte Elgon]], os elefantes escavan covas que son usadas por [[ungulado]]s, [[hiracoideos]], [[morcego]]s, paxaros e insectos.<ref name=Shoshani226 /> Os elefantes son importantes [[Dispersión dos propágulos|dispersores de sementes]]; os elefantes africanos de bosque inxiren e defecan sementes, tendo un efecto positivo na [[xerminación]]. As sementes son dispersadas en grandes cantidades ó longo de grandes distancias.<ref>{{cita publicación periódica|autor1=Campos-Arceiz, A. |autor2=Blake, S. |ano=2011|título=Mega-gardeners of the forest – the role of elephants in seed dispersal|publicación=Acta Oecologica|volume=37|issue=6|páxinas=542–53|doi=10.1016/j.actao.2011.01.014|url=http://faculty.washington.edu/timbillo/Readings%20and%20documents/CO2%20and%20Forests%20readings/Campos%20Arceiz%202011%20Elephant%20seed%20dispersal.pdf|bibcode=2011AcO....37..542C}}</ref> Nos bosques asiáticos, as grandes sementes requiren herbívoros xigantes como elefantes ou [[rinoceronte]]s para transportalas e dispersalas. Este nicho ecolóxico non pode ser substituído polo seguinte grande herbívoro, o [[Tapirus indicus|tapir]].<ref>{{cita publicación periódica|autor1=Campos-Arceiz, A. |autor2=Traeholt, C. |autor3=Jaffar, R. |autor4=Santamaria, L. |autor5=Corlett, R. T. |ano=2012|título=Asian tapirs are no elephants when it comes to seed dispersal|publicación=Biotropica|volume=44|issue=2|páxinas=220–27|doi=10.1111/j.1744-7429.2011.00784.x|hdl=10261/56573 }}</ref> Debido a que moita da comida inxerida polos elefantes non é dixerida, o seu esterco pode servir de comida para outros animais, como o escaravello peloteiro e os monos.<ref name=Shoshani226>Shoshani, pp. 226–29.</ref> Porén, os elefante tamén poden ter un impacto negativo nun ecosistema. No [[Parque Nacional das Fervenzas Murchison]] de Uganda, a sobrepoboación de elefantes ameazou varias especies de pequenos paxaros que dependen dos bosques. O seu peso pode compactar o chan, o cal fai que a chuvia [[Escorras|escorra]] provocando [[erosión]].<ref name=Shoshani124>Eltringham, pp. 124–27.</ref>